Carta dos editores

Na cornixa noroeste da península ibérica, dentro do Estado Español, lindeira con Portugal, Galicia é unha vella cultura de Occidente. Cultura e literatura, con dúas linguas oficiais (galego e castelán), mais cunha "lingua propia" (a lingua galega), recoñecida como tal no Estatuto de Autonomía de Galicia (1981). En lingua galega exprésase, dende hai case oitocentos […]

As librerías: moito máis que tendas

Con verdadeira consternación recibimos a nova do peche da histórica librería pontevedresa Michelena. Probablemente, unha das librerías de fondo máis importantes do país que, coa súa desaparición nos deixa a todos, vivamos ou non na cidade do Teucro, un chisco orfos de palabras e de libros. O peche dunha librería é sempre unha moi mala […]

Presentación en Ourense de UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO

Xosé Ramón Quintana Garrido presenta a obra que lle valeu o Premio Ramón Piñeiro 2008, 'Un longo e tortuoso camiño', un ensaio sobre o nacionalismo galego centrado no básico na historia do BNG dende o ano 1971 ata os nosos días. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Luís Domínguez, profesor […]

Poesía galega en irlandés e inglés

'To the winds our sails' é o título do libro que estes días se publica na editorial Salmon Poetry de Irlanda, con textos, entre outras, de Xohana Torres, Marilar Aleixandre, Chus Pato, Ana Romaní, María do Cebreiro ou Xiana Arias Rego. A poesía galega, así, que nos últimos anos ten experimentado un pulo importante protagonizado […]

Homenaxe a Marilar Aleixandre da AELG

Esta edición fará a número 16 desta homenaxe que conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de década e media como unha celebración na que a terra de orixe ou adopción do homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental. Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade […]

A LITERATURA GALEGA NO MUNDO

O pasado sábado, ás 12.00 h, na Sala de Xuntas da Consellería de Cultura e Deporte, tivo lugar a presentación aos medios de comunicación deste proxecto destinado a dar a coñecer o noso patrimonio literario en todos os ámbitos que permitan a súa proxección alén das nosas fronteiras. No acto participaron Roberto Varela (Conselleiro de […]

Por unha defensa da identidade galega

Onte, na Casa Grande de Cimadevila, nas terras de Otero Pedrayo, o historiador Xosé Ramón Barreiro recibiu o Premio Trasalba 2010 cunha defensa da galeguidade e suliñando que só dende a profunda consciencia de aceptar e defender quen somos poderemos seguir sendo algué no futuro. Nun discurso emocionado, o historiador agradeceu o premio entregado pola […]

'O diario de Carlota' chega ao cine

Un dos títulos emblemáticos da colección Costa Oeste, 'O diario vermello de Carlota' de Gemma Lienas, chega o mes que vén ás salas de cine de toda España nunha película protagonizda por Andrea Ros, Lorena Mateo e Maxi Iglesias, actores coñecidísimos grazas ao seu traballo en distintas series da televisión no estado español. A fita […]