Presentación na Pobra do Caramiñal de MEMORIA DE CIDADES SEN LUZ

A Asociación Cultural Barbantia organiza este acto de presentación de 'Memoria de cidades sen luz', de Inma López Silva, no que estarán presentes ademais da autora, por parte da directiva de Barbantia, María Xesús Blanco, o coordinador da asociación, Alberto Piñeiro, e mais o presidente, Xesús Laíño. 'Memoria de cidades sen luz' é un dos […]

Presentación do libro O LECER DAS AUGAS en Ourense

Este venres, ás 20:00 h, na sala de exposicións do Centro Cultural da Deputación de Ourense presentarase o libro O LECER DAS AUGAS. No acto participan Benigno Amor, xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e un dos autores do libro, Luís Alonso Álvarez. Nesta publicación o lector […]

No Entroido, todos estranxeiros

Hoxe comeza o entroido e os nenos e as nenas, pero tamén moitos adultos, decláranse por uns días alleos a eles mesmos, estraños de si propios, dispostos a, máscara na cara, ser outros, xogar o xogo feliz do cambio, asumindo outros roles, pescudando outros xeitos de ser, atrevéndose a ver o mundo cos ollos da […]

Quinta edición para 'A praia dos afogados'

Estes días está a chegar ás librerías de todo o país a quinta edición de 'A praia dos afogados', a segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, creado polo escritor Domingo Villar. A novela está a colleitar, pois, un éxito impresionante entre o público lector galego. E non só, pois xa son moitas as traducións […]

Comeza o Ano Cunqueiro

Cúmprense 30 anos do falecemento en Vigo de Álvaro Cunqueiro, o 28 de febreiro de 1981. Aínda que en Galaxia gustamos máis de celebrar os nacementos ca as defuncións, comeza simbolicamente o Ano Cunqueiro, que ven cheo de actividades. Contra a primavera a Consellería de Cultura inaugurará na Casa da Parra de Santiago a exposición […]

Recoñecementos da OEPLI á LIX galega

Os escritores Agustín Fernández Paz e Fina Casalderrey son algúns dos galardoados cos distintos recoñecementos que vén de anunciar esta fin de semana a OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) e que detallamos de seguido. BIENAL DE ILUSTRACIÓN DE BRATISLAVA Cada dous anos a OEPLI presenta 15 ilustradores a esta prestixiosa exposición […]

Cesáreo Sánchez Iglesias na homenaxe a Don Paco

Como xa fixemos coas palabras de benvida de Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol, e a laudatio do homenaxeado que leu Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, agora publicamos o discurso de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, entidade que concede cada ano o premio Os Bos e Xenerosos, nesta ocasión a Francisco Fernández del […]

Presentación de CABALO DE OUROS en Noia

A activa Asociación Cultural Barbantia organiza este acto de presentación do novo libro de Víctor F. Freixanes no que estarán presentes, amais do autor, Antón Riveiro Coello, Xerardo AgraFoxo, Encarna Pego, Isabel Santos, e o alcalde de Noia, Rafael G. Guerrero. A nova de Freixanes supón a súa volta á narrativa despois de moitos anos […]