Editorial Galaxia no Congreso Iberoamericano de Libreiros

O debate centrouse no futuro do libro dixital e a incidencia das novas tecnoloxías na industria editorial tal como se concibe na actualidade. Para Freixanes "o libro avanza no proceso de transformación ou adaptación ás novas tecnoloxías con moita máis estabilidade e moita máis capacidade de transición que outras industrias culturais, como o audiovisual ou […]
"Memoria de cidades sen luz" preséntase en Ames

Este sábado, ás 17 horas, na Praza do Concello de Ames, a escritora Inma López Silva presentará, na compaña de Manuel Guede, a súa novela "Memoria de cidades sen luz" que foi merecente do Premio Blanco Amor de Novela o ano pasado. A novela, que está a gozar dun grande éxito de vendas e crítica, […]
Finou Eloi Lozano

Onte martes produciuse o pasamento en Compostela dun construtor de soños. Eloi Lozano, ademais de ser o fundador do Festival de Cine de Ourense, foi tamén o primeiro que rodou en 35 mm. na nosa lingua, concretamente unha adaptación da obra de Xosé Luis Méndez Ferrín, "Retorno a Tagen Ata". Entre a súa produción destacan […]