Presentación de "Xelamonite", de Luís Paradelo

Unha novela distinta, esixente e crítica. Unha nova aportación ao discurso literario galego, que agradece a aparición de voces novas. Moi poucas veces a literatura galega abordou esta cuestión. Nestas apreciacións coincidiron as tres persoas que participaron na presentación da novela Xelamonite, de Luís Paradelo: Carlos Fernández, Manuel Vidal Villaverde e o editor Carlos Lema. […]
"Spam", Premio Blanco Amor 2005, presentada en Neda

Na fermosa Casa das Palmeiras de Neda tivo lugar a presentación da novela gañadora do último Premio Blanco Amor, Spam de Francisco Castro, que como cada ano publica Galaxia. Ante a presencia de autoridades coma o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xaime Bello, e representantes do Concello de Cedeira, encargado da organización do premio na […]
Xosé Antonio Neira Cruz gaña o Premio Lecturas 2006

Este premio foi creado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) co propósito de estimular a lectura e a imaxinación entre a infancia e a adolescencia e apoiar as actividades de animación á lectura que se realizan nas bibliotecas galegas, xa que son os propios lectores os que elixen os premiados. Nacido en […]
Presentación de "A bisneta lercha" en Lugo

Círculos Líticos organizou este acto como parte da súa sección "Lendo libros, Lendo libres". A presentación do libro de Paco Martín, que tivo lugar no salón de actos do centro socio-cultural Uxío Novoneira, da cidade de Lugo, foi elixida a primeira dunha longa serie de actividades destinadas a achegar a lectura ao público. A presentación […]