'Morgana en Esmelle', Premio da Crítica 2012

Categoría: Nova

Esta fin de semana, falláronse no Bierzo os Premios da Crítica española. A novela de Begoña Caamaño, 'Morgana en Esmelle', que só hai un par de semanas recibira o premio dos editores galegos como mellor obra de 2012, facíase co galardón a nivel estatal.
O libro de Begoña Caamaño revisa algúns dos mitos da Materia de Bretaña desde unha perspectiva feminista. É a segunda novela desta xornalista, tras 'Circe ou o pracer do azul', tamén na nosa editorial.
Unha nova que nos fai moi felices, a toda a familia da Editorial Galaxia, ledos de editar libros desta altura e con esta proxección.
E haberá máis éxitos para este libro que non nos deixa indiferentes. Sen dúbida moitos máis. O máis importante, o das lectoras e lectores, xa hai ben de tempo que o ten.

Compartir na redes sociais: