Estás aquí:

Código: 537

Aventuras de Alberte Quiñoi

24,50  IVE INCLUIDO
Coa meticulosidade dun etnógrafo e o verismo das propias vivencias
García Barros ofrécenos nas Aventuras de Alberte Quiñoi (as súas aventuras), un retrato do correr dos días nunha aldea galega do val do Ulla, nos últimos anos do século XIX, a través das trasnadas e aconteceres do cativo Alberte, onde amosa un profundo coñecemento do país. Unha obra escrita con intelixencia e fonda sensibilidade, que supera o costumismo a través do humor e cunha forte carga irónica no tratamento de costumes e dos temas relixioso e idiomático. Un espello da vida de gran valor etnográfico e unha crónica miúda dos días e dos oficios. Un retrato de nós.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 476
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na Colección: 413
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-464-0
Observacións:

AUTORES/AS

García Barros , Manuel
garcia barros

Mestre e labrego que naceu en 1876 en Berres (A Estrada) e morreu en 1972 en Callobre (A Estrada). Realizou estudos de Maxisterio. Foi fundador e director do xornal El Estradense  (1906). Asinaba co pseudónimo Ken Keirades os seus artigos anticaciquís. Debido ás súas ideas galeguistas e progresistas, tivo problemas coa xustiza, chegando a ser encarcerado en varias ocasións, coincidindo na prisión de Pontevedra con Fernández del Riego en 1955.

Da súa creación destacan a obra teatral Carta da Habana, estreada en 1926, Contiños da Terra (1931) e a novela As Aventuras de Alberte Quiñói, que rematou de escribir en 1942 e só vería a luz postumamente. Tamén a colección de relatos inéditos Enredos e a miscelánea autobiográfica Dos meus recordos foron publicados logo da súa morte. Desde 1957 o escritor estradense foi correspondente da Real Academia Galega.

As súas obras

Estampas desde o val
manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-val
20.55€ CON IVE
Aventuras de Alberte Quiñoi
aventuras-de-alberte-quinoi
24.50€ CON IVE
Contiños da Terra
9788491516224
21.00€ CON IVE
Sonoridade das auras. Poesía reunida
9788491518471
16.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE
A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.45€ CON IVE
A candidata
A candidata
15.50€ CON IVE