Presentación de “Unha nova Olanda”, en Lugo

Data e hora de comezo: 27, Xaneiro 2023 / 19:00
Data e hora de remate: 27, Xaneiro 2023 / 20:00
O Vello Cárcere
Praza da Constitución, s/n
C.P. 27002
Lugo

O venres 27 de xaneiro, celebrarase, ás 19 h, no Vello Cárcere de Lugo, a presentación de Unha nova Olanda. De Ferrol a Porto: as cidades galegas e o Norte de Portugal no escenario global,  de Antón Baamonde.

Acompañando o autor, estarán, Lara Méndez, alcaldesa de Lugo e presidenta do Eixo Atlántico, Ramón Villares, historiador, e Daniel Hermosilla, Conselleiro delegado do Grupo Rodiñas.

O acto será presentado pola xornalista Cristina Lombao.