Presentación de “Enser”, na Coruña

Data e hora de comezo: 3, Febreiro 2023 / 19:00
Data e hora de remate: 3, Febreiro 2023 / 20:00
Filloa Jazz
Rúa Orzán, 31
C.P. 15003
A Coruña

O venres 3 de febreiro, celebrarase, ás 19 h, no Filloa Jazz da Coruña, a presentación de Enser, de Marcos Lorenzo.

Acompañando o autor, estará a poeta Yolanda Castaño e o autor do epílogo Pablo Seoane.

Ao rematar a conversa, Pablo fará unha intervención musical ao piano.