Raquel Castro

Había xa un tempo que chegara ás miñas mans O derradeiro libro de Emma Olsen e gardeino ata xullo para que fose o meu primeiro libro das vacacións. Unha novela curta avalada polo premio de Narrativa Breve Repsol 2013 e tamén pola recomendación que dela me fixo unha amiga e compañeira de lecturas, Patricia Arias […]

Ramón Nicolás

É este un libro alleo a saudosismos, dominado tanto por un alento lírico como por unha pulsión xeracional, concibido para abordar o que a vivencia deses anos nese lugar supuxo para a construción identitaria. Unha proposta que dialoga non só con voces que afortalan un discurso do pensamento (Goethe, Bataille, Hume…) ou con aquelas que […]

Ramón Rozas

As vidas de todos nós están cheas de elefantes. De imaxes da nenez nas que refuxiarmos unha e outra vez para buscar acubillo ante o desacougo que tantas veces asoma ao longo da vida. Ler este libro supón acompañar a unha serie de personaxes nun momento determinado das súas vidas no que todos eles conflúen, […]

Malores Villanueva

"O meu pesadelo favorito", de María Solar, ten a sensibilidade e a intelixencia de tratar os nenos como o que son, persoas en constante proceso de aprendizaxe con capacidade para absorber coñecementos. Sabiades que os cans poden ser verdes? E sabedes que os xemelgos poden nacer unha semana despois un do outro? Cientificamente é posible, […]

Felipe-Senén López Gómez

Unha obra para informar e formar, que non pode faltar en calquera biblioteca galega por ser: 1. A historia ou memorias dun neno galego de posguerra, mozo rebelde nos anos 60, xornalista de recoñecido prestixio internacional, activo e necesario na transición democrática, escarnecido por "La bomba" dun desbocado grupo terrorista. 2. Estar escrita coa amenidade […]

Xavier Queipo

Lectura (rápida) de "Instrucións para tomar café" Digo lectura rápida pola extensión do libro e dos textos que contén, rápida tamén porque o lin dunha vez, na viaxe de tren entre Vigo e Compostela e rápida tamén porque deixou en min, de súpeto, pegada de regosto agridoce. Agridoce non é, neste caso despectivo, nin pexorativo, […]

Mercedes Queixas Zas

Toda viaxe encerra un camiño en permanente tránsito de experiencias, unha inquieta descuberta na procura do que a fotografía oficial non sempre retrata, unha volta á orixe para sempre que ten que ser reconstruída por nós, sen intermediacións, máis alá de álbumes familiares ou catálogos de intereseiro obxectivo turístico. É por iso que toda viaxe […]

Arcadio López_Casanova

Unha novela da meirande orixinalidade, de medida arquitectura, de axustada trama narrativa, e escrita, por máis, nunha lingua viva, rica, expresiva (que acerta coa incorporación da tan curiosa e interesante xerga do mundo do graffiti). Relato do noso tempo, de moi iluminadora (e eficaz) visión realista, e de certeira focalización no dicir da primeira persoa […]