O 4 de maio coñeceremos a obra gañadora do Illa Nova 2019

O vindeiro sábado 4 de maio darase a coñecer nun acto en Vigo o título da obra gañadora do Premio Illa Nova 2019. Despois do éxito obtido polas dúas novelas gañadoras en 2017 e 2018, A vida sinxela de Marcelo Firmamento e Senlleiras, nun par de semanas un novo título sumarase ao palmarés do Premio […]

Antón Lopo gaña o Premio da Crítica Española por Extraordinario

Hoxe soubemos que Extraordinario, de Antón Lopo, recibía o Premio da Crítica Española de narrativa galega. Con esta novela sobre as relacións familiares e o amor, pero tamén sobre a aprendizaxe de vivir, a identidade, a liberdade e o pracer, a Asociación Española da Crítica, a proposta da Asociación Galega da Crítica, premia a asombrosa […]

Chega ás librarías Por puntos, Premio Blanco Amor 2018

Estes días comeza a chegar ás librarías Por puntos, a novela coa que Manuel Portas venceu a pasada edición do Premio Blanco Amor organizado pola Fundación Eduardo Blanco Amor e a a Deputación de Ourense. Despois de ser presentado á prensa á pasada semana, a novela arriva ás mesas de novidades das librarías galegas e […]

Preséntase en Vigo Antonio Fraguas. Mestre da memoria

Este xoves, ás 19:30h, estaremos na Casa Galega da Cultura de Vigo para asistir á presentación de Antonio Fraguas. Mestre da memoria, a biografía do homenaxeado nas Letras Galegas 2019 que asina a profesora e editora Malores Villanueva. Acompañándoa estarán o crítico literario Ramón Nicolás; Antón Vidal Andión, presidente da Editorial Galaxia; e Abel Caballero, […]

Día do Libro Infantil e Xuvenil

O 2 de abril celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil, un dos xéneros máis vivos e de maior calidade actualmente nas letras galegas. Dende Galaxia, aproveitamos para facer un repaso polas nosas últimas novidades para as lectoras e lectores máis miúdos e tamén para aqueles que están dando o salto á literatura para […]

Galaxia co teatro en galego

Co gallo do 27 de marzo, Día do Teatro, en Galaxia aproveitamos para facer repaso polas nosas últimas novidades no xénero e tamén para falar do que está por vir. Nos últimos anos, a nosa aposta pola dramaturxia en galego para todos os públicos viuse reflectida non só entre os títulos do catálogo vivo da […]

Preséntase Do tempo e dos astros de Antonio Fraguas

O pasado luns, o Museo do Pobo Galego acolleu a presentación á prensa do libro de Antonio Fraguas Do tempo e dos astros. Trátase dunha publicación da Editorial Galaxia no marco da programación institucional das Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia, que este ano se lle dedica ao autor do volume. No encontro participaron […]

Cinco obras de Galaxia no catálogo da OEPLI 2018

A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) deu a coñecer a pasada semana o seu catálogo coas obras máis destacadas publicadas no estado en 2018. Nesta selección participan tamén, como non podería ser doutro xeito, as diferentes seccións territoriais, entre elas Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), quen incluíu na […]