Alfredo Conde regresa ás librarías con Un vento que pasa

Cinco anos despois da súa última publicación, Alfredo Conde volve ás mesas de novidades da man da colección Literaria de Galaxia con Un vento que pasa, unha novela sobre a farsa cruenta da vida. Un vento que pasa é “unha esaxeración propia dun vello consentido”. A historia dun home enfermo que, na fin da súa […]

Galaxia na Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade

A Asociación galega do libro infantil e xuvenil (GÁLIX), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, promoveu a creación dunha Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade, na que aparecen recollidas cinco obras de Galaxia. Esta guía ofrece unha selección de libros publicados nos anos 2014, 2015 e 2016, distribuidos en tres tramos […]

Galaxia na Festa dos Libros de Pontevedra

Este venres 5 de xullo da comezo a Festa dos Libros de Pontevedra, e Galaxia non podía faltar nesta tan agardada cita para os amantes da literatura. Ao longo de toda a fin de semana terán lugar diversas actividades apoiadas pola Editorial e destinadas a todos os públicos. O venres abrimos a Festa coa sinatura […]

Ramón Villares leva a Historia de Galicia a Francia

Despois da súa tradución ao castelán e ao portugués da man de Mar Maior e Mar Maior Brasil, Historia de Galicia chega a Francia baixo o título Terre de Galice. Histoire d’un Finistère européen, publicado por Presses Universitaires de Rennes. Historia de Galicia é xa unha obra que obtivo unha enorme repercusión entre os lectores […]

Xosé A. Neira Cruz gaña o II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Reunido nas dependencias municipais da Pobra do Caramiñal esta mesma mañá, un xurado composto pola escritora Patricia Mallo, a vocal da Asociación Cultural Barbantia Pilar Sampedro e o director xeral da Editorial Galaxia Francisco Castro, decidiu por unanimidade declarar gañadora do II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro a obra O enigma do baúl pechado […]

Xosé Ricardo Losada gaña o Premio Viadutos de Novela 2019

Reunido nas dependencias municipais de Redondela, o pasado sábado 29 de xuño, o xurado do II Premio Viadutos de Novela decidiu declarar gañadora a obra A casa xunto ao volcán que, aberta a plica, resultou ser da autoría de Xosé Ricardo Losada. O xurado, composto polas escritoras Iolanda Zúñiga e Anna R. Figueiredo (gañadora da pasada […]

Chega ás librarías Camiño de paixóns de Carlos Meixide

Camiño de paixóns, obra gañadora do I Premio de novela Camiño de Santiago, chega ás mesas de novidades das librarías galegas da man de Carlos Meixide e a Editorial Galaxia. A obra galardoada nesta primeira edición, Camiño de paixóns, de Carlos Meixide, amósanos unha historia que o seu autor define como pulp e que toma […]

Ana Abad recolle o II Premio Roberto Vidal Bolaño

O sábado 29 de xuño tivo lugar a entrega do II Premio Roberto Vidal Bolaño a Ana Abad de Larriva por A sombra das árbores. O IES Ribeira do Louro acolleu en O Porriño ás 19:00h a un público que puido presenciar o recoñecemento que se lle deu a Ana Abad de Larriva pola súa –en […]