Hoxe, Rafael Dieste

Hoxe, 29 de xaneiro, hai 121 anos nacía Rafael Dieste Gonçalves, escritor republicano galego do exilio. É autor de obras de narrativa, teatro e ensaio e pertence á chamada xeración das vangardas, que deu un novo impulso ás artes galegas. Os seus contos, recollidos boa parte deles en Dos arquivos do trasno, e as súas […]
III Premio Roberto Vidal Bolaño 2020

Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario. […]
Para non esquecer o Holocausto

Hoxe celebrase o Día do Recordo ao Holocausto, data na que se cumpren 75 anos da liberación de Auschwitz. Unha xornada que lembra a todas as persoas que foron asasinadas nos campos de concentración nazis. O día 27 de xaneiro de 1945 as tropas soviéticas liberaron o campo de Auschwitz-Birkenau, no que descubriron a 7.000 prisoneirxs en condicións […]
Día Internacional da Educación

Hoxe, 24 de xaneiro, é o Día Internacional da Educación. É importante celebrar este día que nos recorda o dereito humano á educación. Unha axuda fundamental para crear sociedades mellores e persoas máis felices. Trátase dunha responsabilidade colectiva de todas e todos, é a base dunha sociedade preparada, xusta e igualitaria. Propicia o pensamento crítico […]
“A xente da Barreira”, de Ricardo Carballo Calero

A Editorial Galaxia volve publicar un título de Ricardo Carballo Calero, sen dúbida, unha figura senlleira e a quen este ano, ademais, a RAG dedica o Día das Letras Galegas. A xente da Barreira é un dos primeiros títulos dos moitos que este ano a Editorial Galaxia recuperará deste autor. A xente da Barreira pode […]
Premio Viadutos de Novela 2020

BASES PREMIO VIADUTOS DE NOVELA 2020 PRIMEIRA. Poderá concorrer calquera persoa maior de 18 anos, na data de entrada en vigor da convocatoria, que presente a súa obra en lingua galega conforme as normas ortográficas vixentes. Os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais. Non puideron ser sido publicados ou divulgados, en todo ou en […]
“Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra”, xa está na Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia publica o libro de Henrique Rabuñal, sobre Ricardo Carvalho Calero. Ao igual que na novela Scórpio diversos narradores constrúen a biografía do protagonista, en Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra, diferentes narradores iluminan o conxunto da obra literaria, lingüística ou filolóxica de Carvalho Calero e as sucesivas etapas biográficas. Os anos […]
Presentación de “Mulleres que (nos) dan que pensar” na Coruña

O día 20 de xaneiro, ás 19:00 h, celebrarase, na Biblioteca do Ágora da Coruña, a presentación de Mulleres que (nos) dan que pensar, de África López Souto. Acompañando á autora, asistirán Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Por fortuna, ao longo das últimas décadas vanse […]