Os mellores libros… para coñecer a Xela Arias

Este 2021 as Letras Galegas dedícanse a Xela Arias, muller polifacética que gardaba unha forza única dentro. Montse Pena Presas amosa en Intempestiva un percorrido pola súa intensa vida: poeta, editora, profesora… Xela era unha moderna absoluta. Intempestiva, serse intempestiva. E domea-la furia á procura da froita madura Xa de noviña aborrecía as bonecas, escoitaba a Víctor […]
Os mellores libros para… xogar coas palabras!

Nesta semana na que celebraremos o venres 23 de abril o Día do Libro, queremos facer unha escolma das mellores lecturas que podedes atopar en Editorial Galaxia. Comezamos con tres libros do profesor e escritor Antón Cortizas, cos que poderedes mergullarvos na maxia das palabras. Cal é, cal é, Quen non adiviñe Ben burro é Adiviña […]
Rosalía Fernández Rial, finalista no festival aRi[t]mar co poema “A reflexión”

O poema A reflexión, de Rosalía Fernández Rial, pertencente ao poemario Árbores no deserto, é finalista no prestixioso festival de poesía aRi[t]mar Galiza e Portugal. Publicado na colección Dombate de Editorial Galaxia, este libro é un grito contra o esquecemento de mulleres que sentaron as bases do pensamento feminista actual. Mulleres fortes e valentes que […]
Presentación de “A boneca de cristal”, en Vigo

O venres 16 de abril, celebrarase, ás 20 h, a presentación do libro A boneca de cristal, de Majo Villar, na librería Cartabón de Vigo. Acompañando á autora, asistirán o ilustrador Antonio Seijas e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no seguinte correo: listacartabon@gmail.com Este libro é […]
Montes Pena Presas achéganos á figura de Xela Arias, en “Intempestiva”

Xa está dispoñible a biografía completa da homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021, Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias, escrita por Montse Pena Presas. Chegará a todas as librerías do país esta publicación, que amosa unha Xela Intempestiva, adiantada ao seu tempo. Unha muller que non entendía a vida sen música. Atopámonos ante o […]
Presentación de “Na procura do medo esquecido. Catálogo de criaturas mitolóxicas e fantásticas”, en Mos

O día 14 de abril, ás 19:30 h, celebrarase, no exterior do Pazo de Mos, a presentación de Na procura do medo esquecido. Catálogo de criaturas mitolóxicas e fantásticas, de juáncho. Acompañando o autor, asistirá Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, o escritor Diego Giráldez e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Perder o medo é un […]
XXXIII Premio de Novela Manuel García Barros

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]
A Editorial Galaxia lanza a colección “Memoria histórica”

Vermellos e laicos, do historiador Narciso de Gabriel, inaugúraa botando luz sobre a depuración do profesorado laicista na Coruña por parte da represión franquista. A nova colección “Memoria histórica”, que chegará ás librarías a próxima semana coa publicación do libro Vermellos e laicos, de Narciso de Gabriel, quere dar continuidade ao longo compromiso da Editorial […]