É TEMPO DE SAMAÍN

A colección "Pimpín por aquí non vin" está formada por uns fermosos libros en formato acordeón, volumes despregables nunha longa saba na que a ilustración, da autoría de Jacobo Fernández, ocupa case que todo o protagonismo. Crianzas e adultos poderán xogar coa historia tentando solucionar as preguntas que se lles propoñen no propio texto ao […]
"EU TAMÉN SON FONTE" EN RIBEIRA

Despois do seu paso por Moaña, onde estivo aberta durante o mes de Outubro, as ilustracións de Leandro Lamas para o libro de Teresa Moure, Eu tamén son fonte, chegan durante o mes de Novembro ao Auditorio de Ribeira. Trátase dun conxunto de paneis en formato grande onde o espectador pode, ademais de asistir a […]
FLIS-FLI-RIS-FLÁS COMEZA A VIVIR NOS BLOGS

Así, no blog Dálle un coliño, podemos ler: "Fomos ver a representación de Flis Fli Ris Flas, do grupo Matapiollos, que se encadra dentro da campaña de animación lingüística da que xa vos falara. A obra é boísima, recoméndovola sen dubidalo. Os nenos participaron un montón interactuando en todo momento con Martiño (o protagonista) e […]
"Flis-fli-ris-flás" chega á cidade de Pontevedra

No espectáculo os asistentes terán que axudar ao protagonista no seu descenso aos abismos mariños nunha aventura na que a música e os libros están moi presentes. A música, de feito, é un elemento esencial neste espectáculo teatral que xoga coa técnica do teatro negro para conseguir fermosos efectos que sorprenderán aos espectadores. A obra […]
Unha entrevista con Rei Ballesteros

Naquela conversa no número 159 de Grial, Anxo Rei Ballesteros daba mostra de todo o seu talento e de todo o seu enxeño á hora de pasar duns temas a outros con brillantez e naturalidade. Falou da súa obra e dos soños, da evolución da literatura galega e doutros moitos asuntos, sempre desde un pensamento […]
Homenaxe a Anxo Rei Ballesteros

No acto estiveron presentes os habituais da tertulia e outros, tanto de dentro como de fóra de Vigo, que se sumaron á homenaxe. Numerosas as mensaxes de adhesión, entre eles Xosé Fortes e Xosé Luís Méndez Ferrín, que non puideron estar presentes por presentar un libro e o último número dunha revista, respectivamente. Pepe Cácamo […]
O idioma cara o futuro

O número inclúe unha conversa que Hakan Casares e Monteagudo mantiveron en Santiago de Compostela con Dónall Ó Riagáin, irlandés, un dos máis prestigiosos expertos en planificación lingüística, consultor independente para diversos gobernos e institucións e un dos impulsores e redactores da Carta Europea para as Lenguas Rexionais ou Minoritarias. A realidade lingüística da Galicia […]
Unha reflexión para o novo milenio

En palabras do seu autor (que en 2002 recibiu o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio por A submisión das masas), o ambicioso proxecto editorial (nove volumes) é o resultado dun longo proceso en parte de carácter colectivo, que comezou a principios dos anos 70 e chega practicamente aos nosos días, e no que Basilio Lourenço […]