Galaxia en Google Books

Rodeados de amigos e amigas da editorial e de moito público interesado, comezou o acto coas palabras do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes quen explicou que o acordo supuña "un salto cualitativo" na vida da editorial. Definiu o acordo con Google Books como un dos fitos máis importantes no eido da difusión da […]

Presentación dos fondos de Galaxia en Google Books

No acto participarán Luis Collado, responsable de Google Book Search España, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, o crítico literario Arturo Casas, e o coordinador de novos proxectos da editorial, Francisco Castro. Hai meses anunciamos o acordo entre a Editorial Galaxia e a empresa transnacional Google para a difusión mundial dos seus fondos literarios […]

Universo Pratt

A partir das catorce entrevistas con Dominique Petifaux, o propio Hugo Pratt percorre os procesos de creación das súas case nove mil pranchas de debuxos, desde As de picas aos seus álbumes de Corto Maltés, personaxe de culto por excelencia do último terzo do século XX. O libro, aparecido por primeira vez en Francia no […]

Un blog para o século XXI

Este blog, en realidade, é un completo xornal electrónico que, ademais de ofrecer as anotacións que irán dando conta do día a día da editorial, será tamén unha fonte de información, opinións, debate e interacción. Nace ao mesmo tempo que se renova o noso portal, agora máis interactivo e con máis servizos. O blog da […]

Miguel Barros lee a primeira tese sobre Ramón Piñeiro en Compostela

Presidiu o tribunal o profesor Ramón Villares, coa participación dos profesores Miguel Caminal, da Universidade de Barcelona, Arximiro Rojo, da Universidade de Vigo, Luis García Soto e Xosé Luis Barreiro Rivas, estes últimos da Universidade de Santiago. Rodeado de numerosos amigos, estudosos e interesados na obra de Ramón Piñeiro. O profesor Miguel Barros presentou o […]

"Fin de século en Palestina" libro do ano

Recolleu o premio en nome de Miguel Anxo Murado, que non puido estar esa noite en Vigo, o director literario de Galaxia, Carlos Lema, quen ademais de agradecer en nome do autor o premio, sinalou que a un editor como Anxel Casal (o premio ao mellor libro do ano é o Premio Anxel Casal) gustaríalle […]

Fallo do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2008

A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 22 de decembro, ás 11 horas, no Centro Ramón Piñeiro, en Santiago de Compostela. O ensaio premiado nesta oitava edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia o próximo ano, aborda o tema de da evolución, entre o […]

A exposición "A ollada do desexo" en Vigo

Rosendo Covelo, director do Verbum, e Carlos Lema, comisario da exposición, foron os encargados da presentación da exposición, que foi seguida por unha visita guiada a todos os presentes a cargo do comisario. Eduardo Blanco Amor é un dos autores máis importantes da literatura galega do século XX. A súa obra literaria abrangue todos os […]