Conta atrás para o IBBY en Compostela 2010

Durante a Feira de Bolonia, presentouse o 32 Congreso Internacional do IBBY, que vai celebrarse en Santiago entre o 8 e o 12 de setembro de 2010 baixo do lema "A forza das minorías". O responsable desta cita fundamental sobre a Literatura Infantil e Xuvenil mundial é o escritor, e director das coleccións Costa Oeste […]

Historia social do deporte en Galicia (1850-1920)

Na presentación, que se celebrará ás 20 hoars na Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago de Compostela, participarán Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, Lourenzo Fernández Prieto, autor do limiar do libro, e o escritor do mesmo. O investigador Andrés Domínguez Almansa vén de publicar o libro "Historia social do deporte en Galicia", un volume […]

Volve Leo Caldas

Despois do éxito de OLLOS DE AUGA, con máis de 10.000 exemplares vendidos, Domingo Villar preséntanos A PRAIA DOS AFOGADOS, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. Domingo Villar volve introducir o […]

Camilo Nogueira, premio Antón Losada Diéguez

O escritor e político Camilo Nogueira recibiu esta fin de semana o galardón Antón Losada Diéguez pola súa obra "Europa, o continente pensado" no apartado de Ensaio e Investigación. No apartado de Creación Literaria, a merecedora do premio foi Chus Pato, co seu libro "Hordas de escritura". O xurado estivo integrado por representantes da Real […]

"A noite dos animais" que viaxan fóra

"A noite dos animais" de Agustín Fernández Paz, editada na colección Árbore 8 anos, coñece estes días unha edición en castelán. Despois do éxito acadado entre os pequechos e pequechas de Galicia, os lectores en lingua castelá poderán tamén gozar da historia dunha nena moi particular á que lle acontecen cousas non menos particulares. O […]

Premios para Tosar, Nogueira e Castro

Esta longa fin de semana foi fecunda no que a premios literarios se refire. Por unha banda, o venres, o coordinador de novos proxectos de Galaxia, Francisco Castro, recibía, por segunda vez (o anterior fora no 2006 por "Un bosque cheo de faias"), o premio literario Frei Martín Sarmiento, que conceden escolares de toda Galicia […]

Olladas sobre Ramón Piñeiro

O novo número da revista GRIAL presentarase hoxe na Fundación Torrente Ballester de Santiago (rúa do Vilar, 7) ás 20 horas. No acto intervirán os codirectores da revista, Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo, na compaña de Justo Beramendi, Carlos Fernández, Andrés Torres Queiruga e Damián Villalaín. Dado que o 2009 é o Ano de […]

Galicia na Feira do Libro de Buenos Aires

Tamén actuou a orquesta "Treboeiro", composta por fillos e netos da colectividade galega, na sala Jorge Luis Borges do recinto ferial e ante un público de arrerdor de cincocentas persoas. Era a primeira vez que Galicia recibía este tratamento na Feira do Libro de Buenos Aires, pola que está previsto que pasen arredor de 1.300.000 […]