1Q84. A nova novela de Murakami

Dous volumes de 500 páxinas conforman "1Q84", a nova aposta narrativa de Haruki Murakami, que hoxe ve a luz no seu orixinal xaponés. O obra aborda o medo e é tanta a demanda que a editorial xaponesa xa ten preparadas tres edicións listas para saír. Haruki Murakami é, tamén, un dos nomes importantes do catálogo […]
Galicia, unha economía europea

Se onte falabamos dos libros de Camilo Nogueira, esencial a súa lectura a unha semana escasa das eleccións europeas, hoxe é tempo de lembrar outra das novidades que Galaxia vén de publicar na súa colección Ensaio arredor da temática Europea. "Galicia, unha economía europea" é unha obra que sae das mans de Albino Prada Blanco […]
Ramón Piñeiro e a Xeración Galaxia

A pesar de que o Día das Letras quedou atrás, a obra e vida de Ramón Piñeiro seguen a ser obxecto de estudo por parte dos máis importantes coñecedores da súa figura. Hoxe, Carlos Fernández falará sobre o autor de Láncara, ás 20.30 horas, no Burgo, no Edificio Multiusos do Concello de Culleredo. A súa […]
Lembranza de Anxo Rei Ballesteros

Antonte daban comezo, como cada ano no Pazo de Mariñán, os Diálogos Literarios que organiza a Fundación Carlos Casares, unha das citas culturais máis importantes do país. Nesta ocasión, as xornadas, coordinadas polo poeta Román Raña deron comezo cun acto público no que, baixo do título de "Lembranza de Anxo Rei Ballesteros", tres persoas que […]
Un conto de cegoñas

A Editorial Galaxia vén de publicar un libro singular, de gran formato, da autoría de Antonio Ventura e Leticia Ruifernández. "Un conto de cegoñas" é unha historia que pretende achegar a pequenos e grandes, unha reflexión lírica, a través das conversas e as reflexións dun grupo de cegoñas que, como di o tópico, están a […]
Traducidos ao castelán, ao alemán… Literatura sen fronteiras.

Hai uns días dabamos conta nesta web da presentación de Ollos de auga, de Domingo Villar, en alemán. Esta novela coñece xa distintas versións en moitas linguas e un éxito unánime de público e crítica nos diversos mercados nos que a novela pode lerse. Hoxe, a prensa faise eco da publicación de O soño da […]
Os Maios. San Xoán. Preparando as festas da luz

Estes días chegarán ás librerías dous novos títulos da colección "Pimpín, por aquí non vin", serie de libros-acordión ilustrados por Jacobo Fernández e que trala publicación de "O nadal", "O samaín" e "O magosto", pretenden achegar dun xeito lúdico e interactivo as nosas tradicións aos máis pequechos da casa. Nesta ocasión chegan "Os Maios" e […]
"La Habana Flash": crónica cubana e galega

"La Habana Flash" foi un libro que, cando saiu orixinariamente do prelo de Galaxia, no ano 1998, xa chamou poderosamente a atención pola actualidade dos debates que propuña. Con aquel texto, Alcalá ofrecíanos, desde a súa persoal ollada un relato no que quixo darlle voz a algúns dos moitos galegos que aínda seguen vencellados en […]