Alberto Lema gaña o XXXIII premio de novela Manuel García Barros

O xurado do premio de Novela Manuel García Barros composto por Anxos Sumai, Carmen Ferreira, Carlos Lema, Armando Requeixo e Carlos Loureiro, en calidade de secretario fallou, na mañá de hoxe mércores a trixésimo terceira edición deste premio que foi, por maioría, a parar a mans de Alberto Lema pola obra “Pazo de inverno”. O […]
Presentación de “Os mundos de agora”, en Ourense

O xoves 22 de xullo, celebrarase, ás 20:30 h, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, dentro da programación do ‘Foro La Región’, a presentación do libro Os mundos de agora, de Lois Oreiro. Baixo o título de OS ROBOTS NON PENSAN NIN AMAN, INFLÚEN. Intelixencia artificial e implantes tecnolóxicos que condicionan o humano, Marcus Fernández, webmáster de […]
A Editorial Galaxia publica “Notas sobre a extinción”, de Marta Dacosta

Este poemario nace da capacidade de asombrarnos e descubrimos a fermosura das pequenas cousas. Marta Dacosta ofrece en “Notas sobre a extinción” a opción de comprobar que a poesía é quen de borrar os límites do tempo e o espazo. Arquitecta da palabra, a autora crea un universo do máis persoal e sensorial ao que […]
Chega ás librarías “Anacos da vida”, de Víctor Rivas

A Editorial Galaxia publica a nova obra de Víctor Rivas, onde o autor expresa o seu profundo agarimo e respecto cara á xente do rural. “Anacos da vida” é un libro que, en palabras do autor, comezou a cociñarse hai oito anos, cando volveu a vivir no Cancelo, a casa que constuíu o seu bisavó […]
Pasamento de Xerardo González Martín

Con gran pesar recibimos a noticia do pasamento do escritor e xornalista Xerardo González Martín, hoxe, en Vigo. Home comprometido coa cultura, foi redactor xefe de Radio Popular e director de El Correo Gallego, Antena 3 e Televigo. Implicado coa realidade do país, participou en política na etapa da transición, desenvolvendo o posto […]
Galaxia estará na Feira do Libro de Ponteareas

Raquel Castro, Xosé A. Perozo, Nee Barros Fernández e Rexina Vega, son os autores que estarán asinando os seus últimos lanzamentos. Chega o verán e con el as agardadas feiras dos libros, espazos nos que descubrir e compartir novas lecturas; é o caso da Feira de Ponteareas, que se celebra dende o día 15 ata o 18 […]
Galaxia estará dende hoxe na Feira do Libro de Ponteareas

Raquel Castro, Xosé A. Perozo, Nee Barros Fernández e Rexina Vega, son os autores que estarán asinando os seus últimos lanzamentos. Chega o verán e con el as agardadas feiras dos libros, espazos nos descubrir e compartir novas lecturas; é o caso da Feira de Ponteareas, que se celebrará entre o día 15 e o […]
Presentación de “A Galiza feminista”, na Coruña

O mércores 14 de xullo, celebrarase, ás 17:30 h, a presentación do libro A Galiza feminista, de Miriam Couceiro Castro, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña. Acompañando a autora, estarán Pilar López-Rioboo Ansorena, ex-subdelegada do goberno na Coruña, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. A autora achégase, neste libro, a un posible relato arredor do movemento […]