Un herdo singular moi gorentoso

Helena Villar Janeiro preparou para a súa participación en 'Cociñando ao pé da letra' unha Sopa Elvira que vos deixamos de seguido. UN HERDO SINGULAR MOI GORENTOSO Sopa Elvira Helena Villar Janeiro Elvira naceu en Ousón (Becerreá) en 1906. De moza, marchou cun tío que tiña de canteiro en Donostia e meteuna nunhas clases de […]
25 anos con Tavani

Cúmprensa agora 25 anos dende que o profesor Giusepe Tavani, académico de honra da RAG, un dos máis grandes estudosos da nosa poesía medieval publicara na nosa editorial o libro referencial 'Poesía lírica galego-portuguesa'. Certamente, é imposible comprender completamente o noso patrimonio histórico e literario sen pasar pola lectura deste libro esencial. Hoxe publicamos, na […]
Colle o que comas

O poeta Celso F. Sanmartín preparou un 'Xantar para un 18 de agosto' no libro 'Cociñando ao pé da letra'. Deixámosvos a receita aquí. xantar para o martes 18 de agosto de 2009 ————————————————————————————————————— Colle o que comas. Non tires co pan. (o sábado 7 de nov. de 2009, veu publicada no xornal L.V.d.G. esta […]
Empanada de millo de croques

Para o proxecto 'Cociñando ao pé da letra', a escritora Fina Casalderrey preparou unha Empanada de Millo de Croques que deixamos aquí. Boa idea para o xantar de hoxe. RUSTRIDO: 1kg de cebolas, 1 pemento (mellor entre verde e encarnado), 4 dentes de allo, 2 ou 3 tomates maduros, aceite de oliva, pirixel, un lisco […]
Desaparece a edición impresa de "Galicia hoxe"

Non son boas noticias. Dun tempo para acó as empresas xornalísticas e de comunicación que viñan mantendo viva a lingua galega están a cerrar as portas, polo menos no que se refire a medios impresos. Quédanos a web, a rede, o ciberespazo, que empeza a ser un refuxio, agocho para resistir, agardando mellores tempos. O […]
Un enlace brusco e gustoso

O poeta participou tamén en 'Cociñando ao pé da letra'. Atreveuse cun bonito de perfecto gourmet que vos deixamos aquí. BONITO AO FORNO CON CAPONATA bonito ao forno (para 6 persoas) 2 quilos de bonito 1 quilo de patacas allo machucado pirixel viño branco (a discreción) xamón (a discreción) chourizo (a discreción) aceite 2 cebolas […]
A vida fóra

Despois da publicación de 'Se algún día esta muller morta', merecente do Premio Repsol no 2006, volve ás librerías Miguel Sande coa publicación de 'A vida fóra' dentro da histórica colección Illa Nova. Nun texto narrativo que se achega aos límites do narrado para poder contar a historia dunha vida xa case na extenuación, Miguel […]
Brasil no centro

Volve á actualidade literaria un dos nosos poetas máis importantes. Con Brasil no centro, Xabier Rodríguez Baixeras convirte en material literario as súas vivenzas iniciadas en Salvador de Baía, cidade visitada por primeira vez no 2006 e que vai deixarlle unha pegada esencial para sempre. Estamos diante dun diario, en prosa, dun autor que ten […]