Entregados en Betanzos os Premios da Edición

A gala dos premios da edición deste ano tivo unha protagonista destacada na figura de Berta Dávila, quen, ademais de levar o Premio ao Mellor Libro de Ficción por 'O derradeiro libro de Enma Olsen', foi distinguida como autora do ano, recoñecendo así a brillantez do seu labor creativo durante o ano 2013. Ademais, a […]

A colección Costa Oeste de Galaxia reapararece cun novo deseño

Estes días irá chegando ás librerías de Galicia dous novos títulos da colección Costa Oeste que a editorial Galaxia pon á disposición do lectorado xuvenil. Desta volta, ademais, cun novo deseño no que a fotografía vai protagonizar o espazo da cuberta, reflectindo así a vida que as historias pensadas para esta colección levan dentro. Os […]

Celebración do Día Mundial da Auga, da Árbore e da Poesía

Interveñen: – Armando Requeixo (autor de Xosé María Díaz Castro. Vida e obra). – Luís González Tosar (responsable da edición de Nimbos). – Xesús Alonso Montero (Presidente da RAG). – Alumnas e alumnos dos Centros de Ensino. – Argimiro Marnotes (Alcade do Carballiño) – Tomás Fernández Couto (Secretario Xeral de Montes-Consellería de Medio Rural e […]

Presentación en Vigo de "O sexo masculino dos anxos"

Rodeado de incondicionais e flanqueado polo profesor de arte dramárica, editor e escritor, Damián Villalaín, e mais polo director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, Manuel Janeiro presentou en Vigo a súa última produción literaria: "O sexo masculino dos anxos".
Dous actores mozos, Pedro Placer e Pablo Carrera, puxeron primeiro en escena un breve diálogo entre os […]

'Nimbos' xa no prelo

Está xa a piques de saír do prelo o poemario de Xosé María Díaz Castro, 'Nimbos', Nesta nova edición ten moito que ver o poeta Luis Gonzalez Tosar, quen mantivo unha estreita relación con Díaz Castro nos derradeiros anos da vida do de Guitiriz, sobre todo a través das páxinas da revista Dorna. Desta volta, […]

Maternosofía: moito máis ca un libro

Esta semana irá chegando ás librerías de todo o país o novo libro de Inma López Silva titulado 'Maternosofía', ou, como a propia autora recoñece, o embarazo da escritora primípara e no que, entre outras cousas, se pregunta se hai equivalencia entre escribir e parir, escrito cunha linguaxe coloquial, como quen dialoga permanentemente con quen […]

'Nimbos de luz' chega a Vigo

A exposición Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e producida por Editorial Galaxia/Merlín Comunicación, chega a Vigo, despois da súa inauguración en Guitiriz, vila natal do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014. Comisariada por Alfonso Blanco Torrado, Luís González Tosar e Armando Requeixo, […]