Lecturas recomendadas para esta primavera

Esta primavera chega cargada de excelentes lecturas para todas as idades. Na Editorial Galaxia traballamos arreo para ofrecer ás lectoras e lectores obras de primeira calidade. Bo exemplo disto, son os exemplares que enchen os nosos andeis. Libros que, con tanto agarimo, realizamos, coa dedicación e traballo das autoras e autores. Sempre é un bo […]

Galaxia publica as memorias de Rábade Paredes

Este mes chegará aos nosos almacéns o novo libro de Xesús Rábade Paredes, A luz co tempo dentro. Este libro recopila as memorias dun dos autores máis importantes das nosas letras. Publicada na colección Memoria, esta obra pode lerse como un constante balanceo entre dúas realidades que interpelan e que nos mobilizan. A pulsión e revelación […]

No pasamento de Arcadio López-Casanova

Hoxe recibimos a noticia do pasamento de Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942), aos 79 anos de idade, en Valencia. Poeta, profesor e académico, el foi unha figura poliédrica que deixa tras de si unha importante obra literaria e como investigador. Considerado como un dos grandes poetas galegos contemporáneos, pertence á xeración de escritores coñecida como os ‘Novísimos […]

Presentación de “Un mundo sen luz”, en Vigo

O martes 12 de abril, ás 20 h, celebrarase, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Un mundo sen luz, de Kike Gómez, ilustrado por Antonio Seijas. Acompañando o autor e o ilustrador, estará Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia. Un mundo sen luz é un álbum ilustrado que […]

10 títulos e 2 coleccións da Editorial Galaxia son finalistas nos Follas Novas

Os prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego completan a súa primeira fase de selección escollendo 10 títulos e dúas coleccións da Editorial Galaxia, entre os seus finalistas. Na categoría de Ensaio e investigación, resultaron escollidas as obras Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, de Miguel Anxo Seixas Seoane, que completa o estudo arredor do […]

Galaxia publica “En tempo de desconto”, o novo libro de Xosé Ramón Pena

Esta semana chegará aos nosos almacéns o novo libro de Xosé Ramón Pena, En tempo de desconto. Atopámonos perante un autor que pertence á mellor tradición de contistas do noso país. Este libro de relatos, publicado na colección Literaria, é a confirmación diso, e de que estamos diante dun dos mellores narradores das letras galegas. […]

Galaxia publica a primeira novela de Cristina Pato: “No día do seu enterro”

Esta obra, publicada na colección Literaria de Galaxia, é unha novela sobre o poder da palabra, sobre a nobreza dos invisibles e sobre as verdades non contadas. Unha conmovedora historia sobre o que significa reconstruír a vida para poder sacar adiante unha familia. A raíz da inesperada morte do seu pai, as irmás Raposo comezan […]

Presentación de “O bosque do duque”, en Nigrán

O mércores 6 de abril, celebrarase, ás 19:30 h, na Nova Biblioteca de Nigrán, a presentación de O bosque do duque, de Francisco Fernández Davila. Acompañando o autor, estarán Juan A. González, alcalde de Nigrán, e Tati Mancebo, directora Comercial de Editorial Galaxia. Fran Fernández Davila retorna cunha novela de aventuras e fantasía ambientada na […]