Lugo acollerá o día 29 a xornada dedicada a Ramón Piñeiro no seu centenario

O presidente da RAG e autor da biografía Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, Xesús Alonso Montero, actuará como moderador do acto dedicado ao intelectual, que se converteu en membro de número da RAG en 1967 nunha cerimonia de ingreso na que leu o discurso A lingoaxe i as língoas. Organizada coa colaboración […]

Hoxe preestréase A PRAIA DOS AFOGADOS

Este luns preséntase aos medios de comunicación en vigo a película A praia dos afogados, versión cinematográfica da exitosa novela de Domingo Villar que chegará ás carteleiras de todo o Estado o próximo 9 de outubro. Dirixida por Gerardo Herrero e guionizada polo propio Domingo Villar xunto a Felipe Vega, a película foi rodada en […]

Segunda edición de A identidade fascinada, de Antonio Piñeiro

Chega ás librarías a segunda edición de A identidade fascinada, de Antonio Piñeiro. Unha novela híbrida, un ensaio novelado ou unha crónica ensaística dunha época irrepetible, que é tamén memoria dos lugares, das persoas, personaxes e significados dun tempo incomparable: o da Compostela universitaria e sublime dos anos oitenta. Un libro moi especial que acadou […]

Concerto de María Fumaça en Pontevedra

"A cantar con María Fumaça" é o título do espectáculo que pechará, este domingo, o Festival das Núbebes 2015. Actuarán no Teatro Principal ás 19 horas. O custe da entrada é de 3 euros. O Festival das Núbebes, de artes escénicas para bebés e familia encherá de actividades diferentes lugares da cidade de Pontevedra. O […]

Finou o crítico literario Manuel Rodríguez Alonso

Era todo un clásico o seu blogue Bouvard e Pécuchet, singular nome no que se acubillaba o crítico Manuel Rodríguez Alonso para se ocupar das novidades literarias que ían deitando nas librerías as editoriais galegas. Voz crítica e libre, verdadeiro experto en cuestións lingüísticas, destacaba pola súa lectura atenta, sempre ecuánime como corresponde a un […]

Unha Esmorga que non remata

Dende o primeiro día no que saíu publicada, A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor converteuse nun clásico. Para moitos, e semella algo incuestionable, estamos diante da mellor novela nunca escrita na nosa lingua. Quizais por iso, xeración tras xeración, milleiros de galegos e galegas volven cada ano os seus ollos cara esta obra que profunda […]

As laranxas de Casares, sempre saborosas

Un dos obxectivos que sempre se planteou como obrigatorios no seu traballo literario Carlos Casares foi o de producir textos infantís, de varios xéneros, para fornecer o sistema literario galego dunha oferta atractiva de produtos sedutores para a cativada do país. Por iso a súa presenza na LIX foi sempre tan importante. E por iso, […]

Mamá Cabra continua entre as preferencias da rapazada galega

Cando o grupo de música infantil Mamá Cabra desembarcou no catálogo de Galaxia xa eran unha das formacións máis importantes do país. Mais é innegable que coa publicación de 'Ola, ola, lá!' que estes días volvemos editar para poder satisfacer as demandas dos seus seareiros, supuxo un antes e despois na súa carreira. A acollida […]