Presentación de “Casa de feras”, no Porriño

O luns 30 de maio, celebrarase, ás 20 h, no Auditorio da Biblioteca Municipal do Porriño, a presentación de Casa de feras, Premio Vidal Bolaño 2021, de Edgar Costas. Acompañando o autor, estará Raquel Castro, escritora e secretaria do premio, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Casa de feras, IV Certame de Textos […]

Homenaxe a Domingo Villar

A liña regular Moaña-Vigo-Moaña homenaxeará a Domingo Villar este sábado no “Último barco”. A homenaxe celebrarase o vindeiro sábado 28 de maio, no barco de liña regular a Moaña, que sae de Vigo, ás 21:30 h, e no seu regreso dende Moaña, ás 22 h. Quen o desexen terán a oportunidade de achegarse ata o […]

Presentación de “Non é de Taramundi”, na Pontenova

O venres 27 de maio, celebrarase, ás 19 h, na Casa da Cultura da Pontenova, a presentación de Non é de Taramundi, de Luís M. García Mañá. Acompañando o autor, estarán Víctor F. Freixanes, Presidente da Real Academia Galega, e Darío Campos, alcalde do Concello da Pontenova, Cesar Villabrille Quintana, alcalde do Concello de Taramundi. […]

Galaxia estará na Feira do Libro do Porriño

Os autores Diego Giráldez, Marcos Calveiro, Juan Parcero, Pablo Vázquez, Denis Carballás e Rodrigo Costoya, estarán asinando as súas obras. Chega o bo tempo e con el as agardadas feiras dos libros. Eventos culturais, cheos de maxia e novas oportunidades de descubrir lecturas de todo tipo.  É o caso da Feira do Libro do Porriño, que se […]

Presentación de “Son da cidade”, en Vigo

O mércores 25 de maio, celebrarase, ás 20 h, na Casa de Arriba, en Vigo, a presentación de Son da cidade, de Pablo Vázquez, ilustrado por Denis Carballás. Acompañando os autores, presentará a tradutora e profesora, Susana R. Barcia. O acto contará coas actuacións musicais de Zålomon Grass, Eladio Santos, Rubén Suárez e Óscar Avendaño. […]

Presentación de “Despois das ondas”, na Coruña

O martes 24 de maio, celebrarase, na Sala de Exposicións Municipal do Kiosco Alfonso, programada na exposición María Casares actriz océano, da Coruña, a presentación de Despois das ondas, de Ernesto Is. Acompañando o autor, estará o autor e dramaturgo Manuel Lourenzo. Publicada na colección Teatro de Editorial Galaxia, esta obra mereceu o XVIII Premio Rafael […]

Continúan chegando as mostras de condolencia polo pasamento de Domingo Villar

A través das redes sociais da Editorial Galaxia estamos compartindo todos os comentarios que están chegando da prensa galega e estatal. A túa partida, Domingo, deixou a todo o mundo da cultura e as Letras totalmente destrozado. É unha inxustiza que unha persoa tan boa e xenerosa teña que deixarnos tan cedo, e así o […]

Deixounos Domingo Villar

No día de hoxe, recibimos a tristísima nova do pasamento do noso amigo e autor Domingo Villar. A Editorial Galaxia está consternada, rota de dor, diante deste feito inxusto e terrible. A morte sempre é dura de aceptar, pero cando falamos dalguén tan novo, tan cheo de vida e alegría como foi Domingo VIllar, daquela […]