Bo Nadal

Que sexa un tempo de estrelas brillantes, que olledes cara enriba das vosas cabezas e só vexades un ceo cheo de amor, de soños, de agarimo, de compañía. Que haxa verbas de consolo para quen o precise. De ánimo que nos axude a camiñar como persoas e como país. Que haxa paz. Que se senten […]
Entregáronse os Premios da Cultura Galega

A escritora Fina Casalderrey (que non puido recoller o premio en persoa pero delegou en Dolores Vilavedra a recepeción do mesmo e a lectura dun seu texto no que, entre outras cousas, instou a aplicar o Plan de Normalización Lingüística), e o director de A Esmorga (coproducida pola nosa Editorial), Ignacio Vilar, foron algúns dos […]
O libro de Merchi Rodal presentouse en Bueu e Allariz

O venres foi en Bueu nun acto organizado pola Librería Miranda, e no que a autora estivo acompañada polo editor Francisco Castro; o sábado, n'A Despensa de Alarico de Allariz e coa compaña do representante da editorial, Fernando Fernández. Merchi Rodal paseou as súas receitas do seu segundo libro, NOVAS LAMBETADAS DUNHA LARPEIRA FELIZ, polo […]
Presentouse A BRUXA DISCORDIA en Compostela

O Centro Sociocultural de Fontiñas foi o escenario elixido o pasado xoves por Mamá Cabra e a Editorial Galaxia para presentar o novo traballo da formación musical titulada A BRUXA DISCORDIA. En primeiro lugar, celebrouse a rolda de prensa na que Gloria M. Roel, cantante e compositora do grupo e Francisco Castro, editor do libro […]
As Larpeiradas para ser feliz de Merchi Rodal, en Allariz

Merchi Rodal, colaboradora do programa Larpeiros da TVG, presenta o seu novo receitario, Novas lambetadas dunha larpeira feliz, este sábado día 19 de decembro ás 20h na tenda 'A despensa de Alarico' de Allariz. O primeiro libro de cociña de Merchi Rodal, As lambetadas de Larpeiros, leva impresas cinco edicións, que dan boa conta do […]
Faleceu Xosé Fernández Ferreiro

Nado en 1931 no concello de Nogueira de Ramuín, foi un destacado membro do grupo Brais Pinto. O autor de ‘Morrer en Castrelo de Miño’, ‘A saga dun afiador’ e ‘Agosto do 36’, pola que recibiu o premio Xerais en 1991, foi autor dunha extensa obra narrativa. Iniciou a súa andaina literaria como poeta en […]
Xuntanza do xurado do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
O vindeiro luns, día 21 de decembro, reunirase en Compostela o xurado do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015, formado por Luís Alonso Girgado, Lourenzo Fernández Prieto, María López Sández, Dolores Vilavedra e Carlos Lema, como secretario con voz e voto. A obra que resulte gañadora será publicada por Editorial Galaxia na colección Ensaio e […]
A Editorial Galaxia e Mamá Cabra presentan A bruxa Discordia, un libro-disco de homenaxe á paz

Este mes de decembro chega ás librarías galegas A bruxa Discordia, cancións para a paz. Inserido na colección Sonárbore -destinada a achegar a música de calidade aos máis pequenos e pequenas da casa-, o álbum consta de 12 temas interpretados -e musicados por Mamá Cabra, grupo pioneiro na música infantil en galego, que conta xa […]