O proceso creativo de Anxos Sumai en Compostela

O público encheu a libraría Lila de Lilth o pasado venres para acoller un encontro aberto con Anxos Sumai no que a autora de Catoira debullou os pormenores do proceso narrativo que seguiu na escrita de dúas das súas obras: Así nacen as baleas e A lúa da colleita. Organizou o encontro O GALO Asociación […]
Presentación de FONTÁN en Santiago

Marcos Calveiro presenta a novela Fontán, coa que gañou o Premio de Narrativa Breve Repsol 2015, este mércores día 27 ás 20h na Libraría Couceiro de Compostela, acompañado polo escritor Manuel Portas e máis polo director xeral de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes. Cando Marcos Calveiro gañou o premio entrevistámolo dende a nosa web e […]
A Esmorga. Adaptación dun texto narrativo a un audiovisual

A Agrupación Cultutal O Galo organiza este xoves 28 de xaneiro ás 20h30 no Espazo Etnocultural Vide-Vide (Rúa do Stº Antonio nº1, Santiago) de Compostela un encontro aberto co director de A Esmorga. Ignacio Vilar explicará porque levou a pantala a grande novela de Eduardo Blanco Amor e as dúbidas e problemas con que se […]
Cuarta edición para PROHIBIDO CASAR, PAPÁ!

Chega ás librarías a cuarta edición de Prohibido casar, papá! no que Fina Casalderrey nos amosa o mundo interior de Elia, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que recibe dos seus […]
Sobre a Arte Galega e as súas circunstancias

A Arte concibida como un capítulo máis do discurso social, condicionada polo contexto en que se presenta, e tamén condicionada pola circunstancia histórica en que se produce. Dende o 11 de setembro de 2001, por salientar unha data de referencia, as cousas son radicalmente distintas. Tamén para nós, que non somos unha illa nin vivimos […]
Segunda edición para O ÁLBUM DE GARRINCHA

O libro saíu xusto antes do verán e, dende o primeiro instante, foi un éxito de vendas e agora é tamén na prescripción educativa, pois son moitos os centros escolares que optan polo libro de Beatriz Maceda Abeleira como lectura para os seus alumnos e alumnas. Un libro que nos fala da integración de todas […]
Sae do prelo o 'Terceiro Adral' de Filgueira Valverde
O 'Terceiro Adral' de Xosé Filgueira Valverde estará na semana que vén nas librerías do país. Neste volume, o autor reuniu unha combinación de temas diversos iluminados por unha reflexión sobre os ritos da vida e da morte. Son artigos concibidos como evocacións e lembranzas contadas coa fidelidade que xorde da erudición e cunha migalla […]
Sétima edición para A PRAIA DOS AFOGADOS

Estes primeiros días de xaneiro van chegando ás librerías a sétima edición dun dos supervendas da literatura galega de todos os tempos como é 'A praia dos afogados' de Domingo Villar. Ademais do éxito sen discusión en galego, a obra goza do favor de milleiros de lectoras e lectores en linguas como o castelán e […]