Unha fin de semana cheo de música infantil

Esta fin de semana vai ser especialmente intensa no plano musical infantil porque dous dos grupos que recentemente teñen publicado na colección Sonárbore, OVIRAVAI e PIRILAMPO, ofrecerán concertos en Ourense e Santiago, respectivamente. A primeira das citas témola en Ourense, concretamente no Auditorio, ás 18 horas. O prezo da entrada é de 3 euros. AS […]
Vermú entre libros con Francisco Castro en Pontevedra

O escritor Francisco Castro, acompañado pola tamén escritora Iria Collazo López falarán sobre a nova novela do primeiro, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA no marco dos Vermús entre libros que organiza a librería Paz de Pontevedra. Desta novela, no blogue literario Páginas de Nieve, escribiuse que: "Francisco Castro consegue cunha prosa magnífica meternos […]
Presentación do novo libro de Carlos Labraña en Santiago

Este venres, o escritor Carlos Labraña presentará o seu novo libro, MOITO MORRO CORPORATION SOCIEDADE ILIMITADA acompañado por Romina Bal e polo editor Francisco Castro. Neste divertido libro o autor achégase ao mundo do circo, que sempre foi un chisco disparatado… pero nestes días aínda máis! Nesta divertidísima obra de Carlos Labraña acompañaremos a uns […]
Presentación de SOBREVIVINDO en Pontevedra

A escritora Arantza Portabales preenta a súa novela SOBREVIVINDO, Premio de Novela por Entregas 2015 de La Voz de Galicia, durante a Feira do Libro de Pontevedra. Estará acompañada polo escritor Xosé Monteagudo. Estamos diante dunha historia de intriga, cun ritmo áxil que se move con soltura entre diversos planos temporais, e que tece unha […]
Chega a estrea de CANTA O CUCO!!!
Este venres, Magín Blanco e Uxía, coa compañía dos músicos Santi Cribeiro e Hector Lorenzo, estrean un espectáculo dirixido e interpretado polo director da compañía teatral Fantoches Baj, Inacio Vilariño e baseado no libro-disco publicado pola Editorial Galaxia na súa colección Sonárbore e que percorrerá distintos lugares do país. O poeta-labrego da Terra Chá desde […]
'Os outros feirantes' de novo nas librerías

Dicía Italo Calvino que é un clásico é un libro que sempre ten algo que dicir para un tempo actual. Dalgunha maneira, esa é unha premisa que se cumpre neste 'Os outros feirantes' de Álvaro Cunqueiro que estes días volve saír do prelo da Editorial Galaxia para nutrir os andeis das librerías galegas onde non […]
Convocado o XXVIII Premio de Novela "Manuel García Barros"
O Concello da Estrada ven de publicar as bases do XXVIII Premio de Novela Manuel García Barros, cunha dotación económica de 9.000 euros e a publicación da obra pola Editorial Galaxia. O prazo remata o 6 de maio e as bases están dispoñibles para descarga nesta ligazón.
Presentación en A Coruña da Antoloxía e da Biografía Manuel María

Darío Xoán Cabana, Mercedes Queixas e Víctor F. Freixanes presentarán os libros, 'Manuel María. Antoloxía poética' e 'Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María'. Darío Xohán Cabana preparou un interesantísimo ensaio para a comprensión da obra dun dos grandes das letras galegas contemporáneas e, xunto con Amelia Otero, escolmou unha selección de textos […]