O MEU PESADELO FAVORITO, Mellor Libro de LIX galego

O Teatro Principal de Santiago foi o lugar escollido pola AELG, AGE e a Federación de Libreiros para celebrar a primeira edición da Gala do Libro Galego e recoñecer os mellores traballos do ano pasado. A escritora María Solar recibiu o premio pola súa obra O MEU PESADELO FAVORITO na categoría de Mellor Libro Infantil […]
Presentación de AS ANDANZAS DE PAIO en Vigo

O grupo OVIRAVAI presentará este sábado en Vigo o seu primeiro libro-disco, AS ANDANZAS DE PAIO. Será na Casa do Libro ás seis do serán. O grupo, que debuta así na colección Sonárbore, vén de gozar dun éxito enorme en Buenos Aires, onde a semana pasada presentaron este traballo musical, ofrécenos a historia (musical) de […]
O día de Manuel María

Este martes celebraremos un dos días grandes do noso país, centrado este ano en Manuel María. O Día das Letras brillará especialmente este ano ao centrarse na figura dun dos autores que máis e mellor souberon sintonizar co pobo galego. É un dos máis musicados e presentes nas aulas do noso país. Un dos máis […]
Lisboa: (Des)encontros galego/portugueses, conferencia de Mercedes Queixas sobre Manuel María: Voltar a Portugal, dourada luz que ilumina

O Centro de Estudos Galegos da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova Lisboa (FCSH/NOVA) organiza o ciclo de eventos (Des)Encontros Galego-Portugueses que ten lugar en Lisboa durante os meses de marzo, abril e maio no local da Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa. Estruturado en seis sesións monográficas, abordará temas […]
Camilo Nogueira, Premio Trasalba 2016
O economista, enxeñeiro, ensaísta e político galego Camilo Nogueira Román (Lavadores, Vigo, 1936) recibirá o próximo 26 de xuño o Premio Trasalba que todos os anos concede a Fundación Otero Pedrayo a unha personalidade destacada no galeguismo. O escritor Suso de Toro, que en 1991 publicou o libro de conversas Camilo Nogueira e outras voces, […]
Antón Riveiro Coello e María Solar optan aos Premios Gala do Libro Galego 2016
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia veñen de facer pública a listaxe de obras finalistas para os Premios Gala do Libro Galego 2016, que se celebrará o sábado 14 de maio de 2016 no Teatro Principal de Santiago […]
Francisco Castro presenta Amor é unha palabra coma outra calquera en Marín
Francisco Castro presenta o seu novo libro, Amor é unha palabra coma outra calquera, mañá venres 6 de maio ás 20h no Museo Torres de Marín, acompañado pola concelleira de cultura María José de Pazo Marín e pola escritora Sabela González. Amor é unha palabra coma outra calquera… ou non. Carla, a protagonista desta novela, […]
Presentación da Antoloxía poética de Manuel María, na Feira do Libro de Santiago

A Feira do Libro acollerá mañá xoves día 5 ás 20h a presentación en Compostela da Antoloxía Poética de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016, realizada por Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela e publicada pola Editorial Galaxia. Esta antoloxía recolle unha ampla mostra da enorme dimensión da obra poética […]