Dor na cultura galega polo pasamento de Agustín Fernández Paz

Este martes recibimos a demoledora nova do pasamento de Agustín Fernández Paz, un dos grandes mestres da Literatura Infantil e Xuvenil, home xeneroso, de sorriso grande, valente nas súas decisións e, sobre todo, literato dunha obra inconmensurable. Milleiros de lectores e lectoras seguían fielmente a súa produción dende hai décadas e todos e cada un […]

Presentación de AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA en Bueu

O mércores 13 de xullo, a sede de Argo Navis acolle ás 21 horas a presentación do novo libro de Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera, nun acto organizado pola Libraría Miranda. Desta novela, no blogue literario Páginas de Nieve, díxose: "Pode que esta sexa unha novela de amor e tamén de […]

O Día das Letras Galegas de 2017 estará dedicado a Carlos Casares

Todos os Días das Letras Galegas son importantes, pero este, para a Editorial Galaxia, sen dúbida, éo moito máis, porque Carlos Casares é a historia de Galaxia e non se pode entender Galaxia sen a obra literaria e o facer intelectual de Carlos Casares. A totalidade da súa obra literaria está en Galaxia, o seu […]

Marilar Aleixandre, académica de número electa da Real Academia Galega

No Pleno da RAG do pasado sábado, no que se decidiu homenaxear a Carlos Casares do Día das Letras Galegas 2017, tamén foi elixida académica de número electa María Pilar Jiménez Aleixandre (Madrid, 1947) para ocupar a vacante producida polo pasamento, o pasado 27 de novembro, de Xosé Neira Vilas. Coñecida como Marilar Aleixandre, é […]

Nova edición para a Historia de Galicia

Foi o libro máis vendido na pasada Feira do Libro de Buenos Aires. E se esperta interese nos galegos e galegas de fóra, hai ben de anos que non esperta menos nos de aquí. A 'Historia de Galicia' de Ramón Villares é un clásico dos nosos días, un ensaio fundamental xa dende o intre da […]

Presentación da nova novela de Inma López Silva en Santiago

Acompañada da tamén escritora María Solar e do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, a escritora Inma López Silva presenta a que segundo ela mesma é a súa "novela máis ambiciosa" e que titulou 'Aqueles días en que eramos malas'. Con esta publicación, a autora conmemora 20 anos na literatura galega. Na ligazón á […]

Arredor de Camilo Nogueira en Vigo

O compromiso do galeguismo coa idea de Europa, fundamentado na tradición da xeración Nós, a necesidade de forzas políticas propias para construir Galicia, e o cariño dos amigos, moitos deles presentes no acto, foron as tres referencias básicas da presentación do libro "Camilo Nogueira. Pensar Galicia, pensar o mundo" na Feira do Libro de Vigo. […]

Publicamos A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA 2002-2014

Xa está nas librerías galegas un ambicioso ensaio, en edición de Miguel Anxo Santos Rego cuxo título é ben descritivo do seu contido: A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA 2002-2014. Estamos diante dun estudo exhaustivo que pon sobre a mesa unha análise comprometida da realidade profesional e social no eido educativo en Galicia. Este volume é […]