E o Nadal vai chegando, da man de Otero Pedrayo

Antes de que nos decatemos, será Nadal. Por esa época adoitamos traer aquí libros desa temática, especialmente vizosa en volumes dirixidos aos máis pequechos. Sen embargo, hai tamén outras propostas que malia ter boa acollida durante todo o ano (como demostra o feito de que teñamos que reimprimir seguido), hai que actualizar cando se achega […]
Dous libros de Galaxia, finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento

Dous libros da Editorial Galaxia están de finalistas dos prestixiosos premios Frei Martín Sarmiento. É un dos galardóns máis cobizados do noso sistema literario pois son o alumnado e profesorado os encargados de decidir cales dos libros publicados nos dous últimos anos son, ao seu xuízo, os mellores. O grupo coruñés Chuches Amil está de […]
Daniel Asorey obtén o Premio Repsol con "Nordeste"

O escritor Daniel Asorey, profesor de Ensino Secundario e coautor do libro de narrativa DE SOÑOS E MEMORIAS (2003), obtivo o Premio de Narrativa Breve Repsol 2016, que se deu a coñecer hoxe na Coruña, cunha obra titulada NORDESTE. A historia desenvólvese en dous mundos en interconexión: o sertão brasileiro e unha ucrónica República Galega. […]
Presentación da última novela de Xerardo AgraFoxo en Noia

Este venres presentarase en Noia o novo libro de Xerardo AgraFoxo, ‘Viaxe á última revolución’. O acto está organizado polo Concello de Noia, a Asociación Cultural Barbantia e a Editorial Galaxia. Actuará a Escola de Danza Oitos dirixida por Verónica Martínez. O autor estará acompañado polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. A viaxe […]
Presentación de O SOÑO DA GALIZA IDEAL en Santiago

O Consello da Cultura Galega acollerá o mércores, 28 de setembro, a presentación do libro ‘O soño dunha Galiza ideal’, de Xosé Manuel Núñez Seixas e editado por Galaxia. Trátase de seis traballos, publicados en diversos libros e revistas entreos anos 2001 e 2015, que teñen como denominador común a análise das dimensións sociopolíticas e […]
Visita dos alumnos do Apóstol Santiago de Buenos Aires

Un ano máis, e canto nos gusta, os alumnos e alumnas do Instituto Santiago Apostol de Santiago fixeron unha parada na sede da nosa editorial dentro da súa viaxe por Galicia. O paso por Galaxia é xa unha tradición deste alumnado nutrido fundamentalmente por alumnas e alumnos descendentes de galegos emigrantes que, hai varias xeracións, […]
O álbum NÓS de Castelao, sempre vivo

Castelao destacou en todas as frontes nas que se situou. Como escritor, poucas pezas hai igualables ás súas COUSAS. Como político, como deseñador, dramaturgo… Este país non se entende sen el. Entre os seus moitos e célebres traballos, na nosa Editorial temos no catálogo o álbum NÓS, traballo excelso e emblema dun xeito de entender […]
Lembrando a Isla Couto

O pasado xoves, na Facultade de Filosofía de Santiago e co gallo do centenario de Xaime Isla Couto (1915-2012), un dos fundadores da Editorial Galaxia, inaugurouse unha exposición dedicada á súa vida e á súa obra que se poderá visitar ata o vindeiro 21 de outubro e que leva por título ‘Xaime Isla Couto, raíz […]