Día Mundial da Saúde

Dende o 1948, a Organización Mundial da Saúde (OMS) proclamou o 7 de abril coma o Día Mundial da Saúde. Dende a Editorial Galaxia defendemos a importancia da causa e convidamos, a cativos e maiores, a reflexionar sobre a mesma. Nun día coma hoxe, recomendamos a lectura do libro Os nenos da varíola, de María Solar. Velaquí unha das […]

“O Principiño” cumpre 77 anos

Hoxe cúmprense 77 anos da publicación de O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra. Esta é unha das obras máis importantes da literatura infantil e universal; e un dos libros favoritos de Carlos Casares, antigo director da Editorial Galaxia, […]

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Hoxe, 2 de abril, celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil, un dos xéneros máis importantes nas letras galegas. Dende Galaxia aproveitamos para amosarvos as nosas últimas novidades para os máis pequenos da casa. A viaxe de Ana, de Alberte Momán, é un libro para compartir. Ilustrado por Lidia Nokonoko, é unha fábula chea de luz […]

No pasamento de Xosé Luís Franco Grande. Un home bo e xeneroso

Con grande dor recibimos na Editorial Galaxia a nova do pasamento este martes de Xosé Luís Franco Grande, avogado e escritor galeguista crucial na historia do noso país dende a súa mocidade, cando, recén saído da universidade, se comprometía coa causa galeguista para implicarse en accións tendentes á recuperación do legado cultural, lingüístico e nacional […]

Un roteiro polos escenarios da novela “O último barco”, de Domingo Villar

Onte comezou un percorrido polos lugares onde transcorre O último barco que organizamos dende a Editorial Galaxia, xunto co Concello de Moaña. Ao redor de 175 alumnas e alumnos fixeron o primeiro pase e coñeceron de primeira man as localizacións nas que se baseou Domingo Villar para escribir a novela. Procedentes de Lugo, Monterroso ou Monforte […]

Presentación de “O libro da filla” en Vigo

O día 20 de febreiro, ás 19:30 h, celebrarase, na Casa do Libro de Vigo, a presentación de O libro da filla, de Inma López Silva. Acompañando á autora, asistirán Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia e a periodista Noelia Otero. Un gran thiller político, intimista, sentimental e social. Helena Sánchez é unha prestixiosa […]

Día Escolar da Paz e a Non Violencia

Este 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Dende o ano 1964 conmemórase esta data, coincidente co asasinato de Mahatma Gandhi, principal figura da resistencia pacífica no mundo. Cada vez estamos a vivir nun mundo máis complexo, no que as rapazas e rapaces teñen acceso a todo tipo de […]

Hoxe, Rafael Dieste

Hoxe, 29 de xaneiro, hai 121 anos nacía Rafael Dieste Gonçalves, escritor republicano galego do exilio. É autor de obras de narrativa, teatro e ensaio e pertence á chamada xeración das vangardas, que deu un novo impulso ás artes galegas. Os seus contos, recollidos boa parte deles en Dos arquivos do trasno, e as súas […]