“Bilingual societies and sustainability: Spain’s other languages”, en Nova York

O vindeiro 5 de decembro, celebrarase, no King Juan Carlos I of Spain Center de Nova York unha mesa redonda titulada “Bilingual societies and sustainability: Spain’s other languages”, na que participarán Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, Rosa Rey (editora de Angle Editorial – Cataluña) e Lorea Aguirre, responsable da revista vasca Jakin Magazine. […]

A Editorial Galaxia no Festival Internacional do Libro de Guadalajara

A Editorial Galaxia participará, do 30 de novembro ao 8 de decembro de 2019, na Feira do Libro de Guadalajara (México). Autores, axentes literarios, bibliotecarios, libreiros e máis de 2,280 casas editoriais de 47 países visítana este ano, sendo India o Convidado de Honra 2019. De seguido, a programación cos actos que a nosa editorial […]

Xa nas librarías o novo traballo de María Fumaça

O veleiro verde é o novo título da colección Sonárbore. Ao igual que nos anteriores, a festa está garantida. Botamos leña á caldeira e subimos un chisco os decibelios para que nos escoiten con toda a enerxía, sen medias tintas. Con máis flow, ventos, metáis, rock rebelde, co noso Ruiguetón, e funk, sen esquecer o […]

Presentación de Castelao en Vigo

O día 29 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Castelao. Construtor da nación. Tomo I de Miguel Anxo Seixas na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Ademais do autor, intervirán X.L. Méndez Ferrín, Anxo Cabada, presidente do Ateneo, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. O meniño rianxeiro, […]

Faladoiro con Francisco Castro no Festival de Curtas de Vilagarcía

O 26 de outubro, ás 12:30 h, dentro do Festival de Curtas de Vilagarcía, terá lugar un Faladoiro con Francisco Castro sobre a necesidade de editar obras da literatura universal en galego, director xeral da Editorial Galaxia, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

Presentación Os jeans de María na Coruña

O día 25 de outubro, ás 19:30 h, realizarase a presentación de Os jeans de María de Xian Lois Alcayde Dans, na Libraría Berbiriana da Coruña. Ademais do autor, intervirán a escritora Tamara Andrés e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes. Velaquí un mollo de relatos para entendernos a nós mesmos. Personaxes ao […]

Presentación Os anxos indecisos en Ponteareas

O día 5 de outubro, ás 20:00 h, terá lugar a presentación de Os anxos indecisos de Manrique Fernández na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas. Nela intervirá o autor do libro e irá como representación da editorial Francisco Castro, director xeral de Galaxia. Anna R. Figueiredo fará a presentación da mesma. Os personaxes […]

Presentación de Golpistas e verdugos de 1936 en Pontevedra

O día 4 de outubro, ás 20:00 h, terá lugar na sede do Arquivo Histórico Provincial a presentación de Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo de Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez Macho e Iria Morgade Valcárcel. O historiador local Pepe Álvarez será o encargado de presentar o acto, ao que asistirán tanto […]