A herba de namorar chegará a toda Galicia

Vinte anos de poesía non son poucos. A herba de namorar condensa ese lapso en cincuenta poemas, a maioría editados e algúns inéditos. Segundo palabras da propia autora, “en liñas xerais, correspóndense con aqueles que salvaría se só puidese rescatar eses. Non son necesariamente os que máis quero nin os que máis lembro; si son […]

Século e medio co Capitán Nemo

20.000 leguas baixo dos mares foi a primeira novela en galego en edición de lectura fácil “Todo o que o home pode imaxinarse, algún día será realidade”, era a frase que solía repetirse o autor francés Jules Verne, e non lle faltaba razón. Apaixoado pola música, o mar e a liberdade, deixou tras de sí […]

Cunqueiro e Blanco Amor, imprescindibles.

Setembro chega cargado de boas novas! Estamos moi felices porque na sección de Fugas de La Voz de Galicia, Ana Abelenda consultou a diferentes persoeiros da cultura como son Marilar Aleixandre, Domingo Villar, Francisco Castro ou Arantza Portabales, para saber cales son as novelas que non vos podedes perder. Entre outros títulos imprescindibles, resaltáronse Merlín […]

Marcos Calveiro

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido como Marcos Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo, onde exerceu a avogacía e agora rexenta un local de hostelaría. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil, escribindo principalmente en galego. Neste campo recibiu numerosos premios como o […]

Antón Riveiro Coello

Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) é autor de títulos coma A quinta de Saler (Galaxia, 1999, 3ª ed.), Finalista Premio Torrente Ballester; Animalia (Galaxia, 1999, 2ª ed.), Premio Café Dublín; As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000, 7ª ed.), Premio García Barros; Homónima (Galaxia, 2001, 2ª ed.), Premio Álvaro Cunqueiro; Cartafol do Barbanza (2002); […]

Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca

Ángeles (Ames, 1966) e Isabel (Ames, 1970) son mestras de educación infantil, a primeira na EEI Milladoiro e a segunda no CEIP A Maía, ambos os dous no Concello de Ames (A Coruña). O Milladoiro é unha escola infantil de 12 unidades onde o alumnado procede de familias traballadoras, moitas de orixe estranxeira. A Maía […]

Vanesa Santiago

Vanesa Santiago defínese, por esta orde, como curiosa, lectora e escritora. Esta semana a súa novela A vida sinxela de Marcelo Firmamento, coa que gañou o Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35, estará nas librerías de toda Galicia. Vanesa Santiago é tamén bibliotecaria, blogueira e secretaria da Asociación Irmáns Suárez Picallo, de Sada. Está titulada […]