Presentación de “Diorama”, en Rianxo

O venres 20 de xaneiro, celebrarase, ás 20:30 h, no Salón de actos do Auditorio de Rianxo, a presentación de Diorama, de José Carou. Acompañando o escritor, estarán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, o ilustrador Salvador Laíño, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Diorama, de José Carou, é o novo poemario do escritor […]

Faladoiro con Francisco Castro, arredor de “Isto si é un home”, en Vigo

O xoves 19 de xaneiro, celebrarase, ás 19 h, no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, un faladoiro con Francisco Castro, escritor e director xeral de Editorial Galaxia, arredor de Isto si é un home, o reto de facerse homes feministas. O autor, explota en Isto si é un home. Unha mirada masculina contra o […]

Fina Casalderrey será homenaxeada este ano pola AELG na súa terra natal

A autora recibirá o recoñecemento A Escritora na súa Terra. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou o outorgamento a Fina Casalderrey da Homenaxe A Escritora na súa Terraen 2023, que recibirá en Pontevedra no mes de xuño. Esta  iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da asociación, e tense constituído […]

Convócase o XXXV Premio de Novela “Manuel García Barros”

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]

Un libro para coidar a memoria

Publicado na colección Memoria histórica, Vivir e morrer pola causa, de Carlos Portomeñe, ofrece a oportunidade de coñecer en detalle a biografía de José Gómez Gayoso. O protagonista, foi un loitador político que tivo que vivir nun tempo ateigado de adversidades e definido polos horrores da represión extrema da Ditadura. Lendo a biografía que nos brinda […]

María Canosa gaña o V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Hoxe, no Concello da Pobra do Caramiñal, o xurado do V Premio de Literatura Carlos Mosteiro, composto por Encarna Pego, profesora, Xosé Antonio Neira Cruz, escritor, gañador da anterior edición, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia; decidiu por maioría outorgar o premio a obra presentada baixo o título de Teño un volcán dentro que, […]

Manuel Rivas recibe a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes

O escritor Manuel Rivas vén de recibir a Medalla de Ouro das Belas Artes que concede o Ministerio de Cultura. Rivas é un dos escritores galegos con maior proxección internacional e un dos autores máis destacados no actual panorama das letras galegas. Dende 2009 é membro da Real Academia Galega. É autor dunha obra literaria que […]

Convócase o V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Como un medio de promoción para os novos autores e autoras en lingua galega de literatura infantil, e como homenaxe ao veciño deste concello Xosé Carlos Mosteiro Fraga, falecido en 2017, proponse a edición do V Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil, de obras literarias dirixidas a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos. Este premio […]