Castro Paredes , Fernando

fernando-castro-paredes
Castro Paredes , Fernando

Nace en Tapia de Casariego (Asturias) en 1975. É licenciado en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade exerce como profesor de ensino secundario no IES Fernando Blanco de Cee. Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo un dos coordinadores da agrupación escolar Tuéjele Teatro e membro do Grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades por toda a xeografía galega. É autor dos poemarios Caderno de don(i)celas, Coma se nada sucedese e Excrementos (todos eles accésits do Premio Francisco Añón de Poesía); do relato O espacio exterior (Premio de Narrativa Historias na Universidade) e das pezas teatrais Pallaso (Premio Varela Buxán de Textos Teatrais) e No ventre da balea (accésit do Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle).

As súas obras

A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.10€ CON IVE
Papiroflexia
9788491516446
12.45€ CON IVE