Alcalá , Xavier

xavier
Alcalá , Xavier

(Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de Telecomunicacións e doutor en Informática. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciouse na Literatura con poemas para cantar,

musicados por Andrés do Barro, e como cronista en El Ideal Gallego. O seu primeiro libro de narrativa foi Voltar, seis personaxes e un fado (1972), ao que seguiron novelas coma A nosa cinza (1980),

Fábula (1980, premios Cidade da Coruña e da Crítica Española), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Tertúlia (1985), Fumes de Papel (1988), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996)

e Alén da desventura (1998, Premio Blanco Amor). No eido da novela destaca a súa triloxía “Evanxélica memoria”, sobre as comunidades de protestantes en Galicia, constituída por Entre fronteiras (2004),

Nas catacumbas (2005, Premio da Crítica Galega) e Unha falsa luz (2007). En 2012 publica Verde Oliva e en 2018, The making of. Xúntanse a estas novelas os libros de viaxes: Arxentina (1990), Viaxes no País 

de Elal (1992) e La Habana Flash (1998). Completan a súa obra numerosos narracións curtas, recoñecidas con diversos premios (entre eles, o Manuel Murguía) e parte delas recollidas en Contos do Impaís (1992)

e Contos das Américas (1992).

As súas obras

A nosa cinza
A-nosa-cinza-nova-cuberta
20.00€ CON IVE
Oferta Arxentina
pack arxentina
15.50€ CON IVE
Oferta Evanxélica memoria
pack evanx
esgotado
Latitude Austral
latitude austral
12.00€ CON IVE