Presentación Monstro de ollos vermellos en Santiago

O día 22 de outubro, ás 18:30 h, presentarase o libro Monstro de ollos vermellos de R. J. Peralta e Blanca Millán na Libraría Cronopios de Santiago. Ademais dos autores, intervirá Francisco Castro, o Director Xeral da Editorial Galaxia. Ás veces hai monstros que non parecen monstros, senón amigos. Ás veces hai persoas que, sorrindo, agochan […]
Presentación A maldición de San Brandán en Santiago

O luns 21 de Outubro, ás 20:00 h, celebrarase na Libraría Pedreira, en Santiago de Compostela, a presentación de A maldición de San Brandán de Paulo Calvo. Intervirá Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia. SOBRE O LIBRO O padre Aldán guía un grupo de frades irlandeses cara a un recuncho da antiga Britonia, Lar […]
Presentación de Soleando en Vigo

O día 18 de outubro, ás 20:00 h, realizarase a presentación de Soleando de An Alfaya na libraría Librouro, en Vigo. Á mesma, asistirán a autora An Alfaya, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia e o escritor Antonio García Teijeiro, o cal presentará o libro. Durante a presentación leerase un texto da ilustradora, Imma […]
Presentación de Bicos e non balas no Concello de Vigo

Esta mañá presentamos en rolda de prensa o novo libro de Antonio García Teijeiro, Bicos e non balas. O libro, unha antoloxía do traballo de máis de trinta anos do poeta vigués, é unha colectánea de poemas sobre a Paz que ilustrou Bea Gregores e do que o Concello de Vigo mercou 1000 exemplares para […]
Presentación de Bicos e non balas en Vigo

O mércores 16 de outubro, ás 11:00 h, haberá unha rolda de prensa no Concello de Vigo, ao redor da presentación de Bicos e non balas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, de Antonio García Teijeiro. Participará, ademais do autor, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a ilustradora Bea Gregores, e o director xeral de […]
Ramón Villares recibe o Premio Mondoñedo ao Mellor Ensaio da Década

Identidade e afectos patrios de Ramón Villares foi a obra escollida na categoría de Mellor Ensaio da Década no Premio Mondoñedo 10. O premio resolveuse este domingo 13 e a entrega do galardón realizarase o domingo 20 de outubro. Este galardón convoca cada ano unha categoría literaria e valora as obras publicadas na década precedente á convocatoria. […]
Presentación de Co pai, un libro inédito de Xosé Neira Vilas, en Cervo

O día 12 de outubro, ás 20:00 h, realizarase a presentación de Co pai de Xosé Neira Vilas, na cafetería A Sacabeira, en Sargadelos (Cervo). Á mesma asistirán o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo Neira, e o profesor Bernardo Penabade. Textos inéditos Na Habana, en febreiro de 2000, o autor de Memorias […]
Presentación de “Co pai”, unha obra inédita de Neira Vilas

Co pai de Xosé Neira Vilas, foi presentada o mércores 9 de outubro na Cidade da Cultura, no auditorio que lle rinde homenaxe levando o seu nome. No acto asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo, Dores Vilavedra, autora do estudio introdutorio e Víctor F. […]