Xa nas librarías o novo traballo de María Fumaça

O veleiro verde é o novo título da colección Sonárbore. Ao igual que nos anteriores, a festa está garantida. Botamos leña á caldeira e subimos un chisco os decibelios para que nos escoiten con toda a enerxía, sen medias tintas. Con máis flow, ventos, metáis, rock rebelde, co noso Ruiguetón, e funk, sen esquecer o […]

O Culturgal 2019 xa está aquí!

Culturgal é a Feira das Industrias Culturais de Galicia. Trátase dunha cita de referencia que se celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra co lema “Dálle unha volta á Feira!”. Durante 3 días preséntase un programa de actividades dun total de máis de cen actos e actividades […]

A editorial Galaxia, Premio Rosa dos Ventos 2019

  Concedido anualmente polo alumnado do 5.º curso de Bacharelato do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires   A Editorial Galaxia é a galardoada neste 2019 co premio Rosa dos Ventos que cada ano concede o Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires.   Os mozos e mozas do instituto galego da capital arxentina nada máis […]

Xesús Fraga gaña o Premio Blanco Amor de Novela 2019

Pola súa obra Virturdes (e misterios) O xurado do certame que organiza a Deputación de Ourense deu a coñecer hoxe o seu ditame, elixindo a novela do xornalista e escritor de Betanzos, presentada baixo o lema “A miña familia e outros emigrantes”, de entre os 23 traballos presentados ao premio. O Liceo de Ourense acollerá […]

Entrega do II Premio Viadutos de Novela 2019 a Xosé Ricardo Losada, en Redondela

O día 23 de novembro, ás 12:00 h, celebrarase o acto de entrega e a presentación do II Premio Viadutos de Novela 2019, A casa xunto ao volcán de Xosé Ricardo Losada, no Multiusos da Xunqueira do Concello de Redondela. Intervirán, ademais do autor  Xosé Ricardo Losada , a Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o Director Xeral […]

Antón Riveiro Coello e Álex Alonso gañan o Torrente Ballester da Deputación da Coruña

Dous escritores son os gañadores da XXXI edición do Premio Torrente Ballester de narrativa en galego da Deputación da Coruña. Nesta nova convocatoria, Antón Riveiro Coello con O paraíso dos inocentes e Alex Alonso con Crónica denigrante repartiranse o premio mellor dotado da literatura galega. O escritor Luís Valle, a investigadora e crítica Chus Nogueira, […]

Entrega do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro na Pobra do Caramiñal

O día 21 de novembro, ás 20:30 h, celebrarase, no Auditorio do Museo Valle Inclán, a entrega do II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Na cerimonia intervirán Patricia Lojo, concelleira de Cultura, Francisco Castro, Director Xeral de Editorial Galaxia, Isabel Santos, A.C. Barbantia, Xosé Antonio Neira Cruz, gañador do premio e o alcalde da […]

O voto feminino cumpre 86 anos

Hoxe hai 86 anos que as mulleres españolas puideron participar por primeira vez co seu voto nas urnas. Foi na Segunda República nas eleccións xerais de 1933 e supuxo a estrea da muller como cidadá completa, con voz e voto. Foron as eleccións do voto feminino, nas que 6.800.00 mulleres puideron elixir por primeira vez […]