Chus Pato e Alba Cid, en Asymptote

Algúns dos poemas de Un libre favor, de Chus Pato e Atlas, de Alba Cid, foron traducidos na prestixiosa revista Asymptote. Erín Moure traduciu algúns dos poemas de Chus Pato, The Face of the Quartzes, á que podedes acceder premendo na ligazón. Quen lea esta obra hase atopar coa poesía nun estadio material, de cousa. Non esa poesía […]

Bruno, de 6 anos, gañador do Concurso para a Cativada

Velaquí o debuxo gañador do noso Concurso para a Cativada! Parabéns, Bruno! ⁣ A obra deste cativo, de 6 anos, foi a escollida como gañadora polo xurado da Editorial Galaxia. Foi unha escolla moi difícil dado o nivel dos traballos realizados. Moitas grazas a todas e todos por participar! ⁣ #LeoNaCasa  

Dous libros-disco de Galaxia, finalistas nos Premios Martín Códax da Música

Dous libros-disco que publicamos na Editorial Galaxia forman parte da lista de finalistas nos Premios Martín Códax da Música, os máis prestixiosos da música galega. Na categoría de Música Infantil, está nominada Lingua guapa. Cantos que contan, de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, ilustrado por Lucía Cobo. Trátase dun libro-disco que xa debería estar na rúa pero que, as […]

Hoxe, Fiz Vergara Vilariño cumpriría 67 anos

Un 15 de abril de 1953, hai 67 anos, nacía o poeta Fiz Vergara Vilariño na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos; o mesmo lugar no que finou en 1997. Formou parte do colectivo Cravo Fondo. A súa poesía tiña inicialmente un marcado carácter social, que foi logo derivando cara a un maior […]

A celebración do Día das Letras trasládase ao 31 de outubro

A Real Academia Galega acordou pospoñer o pleno extraordinario e público do Día das Letras Galegas dedicado á figura do intelectual Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), ante a situación provocada pola pandemia da COVID-19. A sesión mantense no lugar previsto, o teatro Jofre de Ferrol, pero trasladarase do domingo 17 […]

Día Mundial da Saúde

Dende o 1948, a Organización Mundial da Saúde (OMS) proclamou o 7 de abril coma o Día Mundial da Saúde. Dende a Editorial Galaxia defendemos a importancia da causa e convidamos, a cativos e maiores, a reflexionar sobre a mesma. Nun día coma hoxe, recomendamos a lectura do libro Os nenos da varíola, de María Solar. Velaquí unha das […]

“O Principiño” cumpre 77 anos

Hoxe cúmprense 77 anos da publicación de O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra. Esta é unha das obras máis importantes da literatura infantil e universal; e un dos libros favoritos de Carlos Casares, antigo director da Editorial Galaxia, […]