Xa podes inscribirte no primeiro curso da Escola de Letras

Celebrarase en Vigo os días 15 e 22 de xuño. Onte presentabamos en rolda de prensa a Escola de Letras que impulsa a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia. Dende hoxe, xa é posible anotarse no primeiro dos cursos que se celebrará na Sede da Deputación en Vigo (Rúa Eduardo Chao, 17), sempre e […]

Nace a primeira Escola de Letras de Galicia

Nace a primeira Escola de Letras de Galicia da man da Editorial Galaxia e a Deputación de Pontevedra. Francisco Castro: “É un luxo ter unha Escola con dobre localización en Vigo e Pontevedra. Será un lugar para soñar a través da palabra” Carmela Silva: “Este lanzamento é un soño cumprido que volve converter esta provincia nunha referencia, […]

Así comeza “Virtudes (e misterios)”

“Cando a avoa se anoxaba, acendíaselle un brillo de fereza nos ollos e apertaba os dentes nun aceno severo que lle tiraba do queixo para arriba e lle tensaba as engurras. A min lembrábame a un bulldog á espreita da túa debilidade, do teu erro: mirábate dende embaixo, dende a altura mínima das pernas arqueadas, […]

O escultor Manuel Buciños, premio Trasalba 2020

O escultor galego Manuel Buciños foi galardoado co Premio Trasalba, que concede anualmente a Fundación Otero Pedrayo. Así o decidiu este venres a comisión executiva da fundación, nunha reunión telemática. Foi despois dunha fonda reflexión sobre si era pertinente fallar o premio nas circunstancias actuais. «Maioritariamente pensouse que nestes tempos de desacougo e dó, as institucións […]

Editorial Galaxia e Zona Franca presentan “Vigo XXII, unha ollada ao futuro”

Editorial Galaxia e Zona Franca únense ao Día das Letras Galegas presentando o libro “Vigo XXII, unha ollada ao futuro”. Para celebrar o Dia das Letras Galegas , David Regades, delegado do goberno de Zona Franca, vén de presentar hoxe xunto co director xeral de Galaxia, Francisco Castro, e unha das autoras, Inma López Silva, […]

Ricardo Carvalho Calero. Día das Letras Galegas 2020

O Día das Letras Galegas homenaxea, este ano 2020, a Ricardo Carvalho Calero. Unha das personalidades máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, enteiramente entregada ao ideal patriótico.⁣ Na Editorial Galaxia celebrámolo rescatando títulos seus coma A xente da barreira, Contos populares da provincia de Lugo, editado hai moitos anos na […]

A Editorial Galaxia publica “Pandemia” de Slavoj Žižek

A Editorial Galaxia publicará nas vindeiras semanas este ensaio, en tradución ao galego de Carlos Aymerich, no que o referencial intelectual aborda nesta obra os efectos da crise desatada pola pandemia de coronavirus, tanto nas mentes como no sistema socioeconómico, e reflexiona sobre a necesidade de repensar a sociedade contemporánea desafiando as verdades asumidas ata […]

Volvemos ás librerías

Despois deste tempo no que nos vimos obrigados a paralizar a saída de novos títulos, en Galaxia, retomamos con moitas ganas as nosas novidades editoriais. Sen dúbida, este é un ano ateigado de libros moi interesantes. Ano no que celebramos o noso 70 aniversario e o centenario da Xeración Nós e homenaxeamos a Ricardo Carvalho […]