Presentación de “Prana Apana”, de Patricia Rivas Gallego

O día 25 de xuño, ás 19 h, celebrarase, a través dun directo en Instagram, a presentación de Prana Apana, de Patricia Rivas Gallego. Acompañando á autora, coordinará a presentación Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. Podedes acompañarnos ese día, accedendo á presentación, no noso perfil de Instagram: www.instagram.com/galaxiaeditorial/ Prana Apana é un proxecto que, nun contexto […]
Programa de sinaturas da Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Comeza a Feira do Libro 2020 en Vigo! Celebrarase, coas correspondentes medidas hixiénicas e de seguridade, do 25 de xuño ao 4 de xullo en horario de maña: 11.00 – 13.00 (agás o día 25, que é a inauguración oficial) e de tarde: 17.00 – 20.00, na rúa do Príncipe. Contará cun pregón a cargo da escritora María Xosé […]
Hoxe é o Día Mundial da Música

Hoxe, día 21 de xuño, celébrase o Día Mundial da Música e, para festexalo, compartimos con todas e todos vós Lingua guapa. Cantos que contan…,un fermosísimo traballo de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, ilustrado por Lucía Cobo. LINGUA GUAPA é un libro-disco, da colección Sonárbore, que chega para voarmos por todas as músicas do mundo. […]
Sinaturas da Editorial Galaxia, esta fin de semana, na Feira do Libro de Santiago

Velaquí as sinaturas da Editorial Galaxia que se celebrarán, esta fin de semana, na Feira do Libro de Santiago: Día 20, ás 12:00 h, Sinatura de Galicia, o país das marabillas, de Claudia Castro, ilustrado por Emanuel Lomeña. Velaquí unha nova visión, insólita, divertida e poética, sobre Galicia. É unha viaxe por toda a nosa […]
GALAXIA NA FLIV

Velaquí toda a programación da Editorial Galaxia no Festival Virtual do Libro de Galicia! Impulsado por Data Lib, Fervenzas literarias e Anna R. Figueiredo, nace o FLIV 2020, o I Festival Virtual da Literatura galega. Programación: Venres 26 de xuño 12:00 h. Habitamos historias? Cal é o papel da lectura na sociedade. Javier Pintor conduce […]
A Editorial Galaxia recibe a visita institucional do Bloque Nacionalista Galego

Onte pola mañá recibimos na Editorial Galaxia a visita institucional do Bloque Nacionalista Galego que quixo partillar con nós as súas ideas de cara ao apoio ao mundo da edición e do libro de Galicia. Acodiron á nosa sede de Vigo, Luís Bará, Alexandra Fernández, Xabier P. Igrexas e Carmela González. Foron recibidos polo noso presidente, […]
Arranca a Escola de Letras co seu primeiro curso

Onte, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, en compaña da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentaban a Escola de Letras, pioneira en Galicia, en Vigo. Á presentación tamén acudiu o resto do claustro, formado pola escritora Inma López Silva e os escritores Antonio García Teijeiro e Diego Giráldez. A Escola de Letras, que […]
Sinatura de “Papá, por que non pintas as unllas de cores?”, de Jorge García Marín

O día 17 de xuño, ás 19:00 h, celebrarase a Sinatura de Papá, por que non pintas as unllas de cores?, de Jorge García Marín, na primeira Feira do Libro 2020, en Santiago de Compostela (Paseo central da alameda). Educando (construíndo) masculinidades disidentes Non se nace home ou muller. Apréndese a ser home ou muller. […]