Xa está nas librerías “Flores de ferro”, Premio García Barros 2020

Xa está dispoñible en todas as librerías de Galicia Flores de ferro, libro co que María Rei Vilas acadou o Premio García Barros 2020. Cun destacado protagonismo feminino, este libro, publicado na colección Literaria de Editorial Galaxia, conta a historia de Camila. Unha muller que leva décadas vivindo unha mentira baixo a complicidade dos que a […]
Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas

Feliz Día das Letras Galegas!
Esta fin de semana celebramos o Samaín

Esta fin de semana celebramos o Samaín, unha das noites máis especiais do ano, ateigada de misterios, lendas e historias. Unha festividade cargada de personalidade propia na que a maxia é a protagonista. Para entender a festividade, recomendamos lecturas coma O noso samaín, de Loretta Birott Bermejo, para gozar e manter o espírito da efeméride […]
Presentación do poemario “Porque te quero”, no Vello Cárcere de Lugo

O día 31 de outubro, ás 18:00 h, celebrarase, no Patio do Vello Cárcere de Lugo, a presentación do libro Porque te quero, de Baldo Ramos. Acompañando o autor, asistirán o escritor Xerardo Quintiá e o mago Carlos Coira. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no teléfono: 982 297 195 O acto contará […]
Presentación do libro “O paraíso dos inocentes”, en Boiro

O venres 30 de outubro celebrarase, na Estación Lañaverde Centro Social de Boiro, a presentación do libro O paraíso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019, de Antón Riveiro Coello. Acompañando o autor, asistirán María Xesús Blanco, Vicepresidenta da A. C. Barbantia, Xesús Laíño, Vogal da A. C. Barbantia, Xurxo Couto Rodríguez, Deputado de Cultura, e […]
Presentación virtual de “Virtudes (e misterios)”, de Xesús Fraga

O día 29 de outubro, ás 21:00 h, celebrarase, a través dun Facebook Live organizado pola Libraría Abrente, un Faladoiro Literario na Rede arredor do libro Virtudes (e misterios), Premio Blanco Amor 2019, de Xesús Fraga. Acompañando o autor, presentará o encontro Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia, en compaña de Elena Bangueses, como […]
O universo máis persoal de Ánjel Lertxundi en “Ti”

O escritor Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e directos en Ti. Un libro que xa está dispoñible en todas as librarías de Galicia e que amosa, sen concesións e sen arestas, a vida e a morte, tocándose. Velaquí o universo máis íntimo do autor, unha obra que reflicte a incerteza e o cambio […]
Hoxe é o Día das Bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas. Unha data que rende homenaxe ao valiosísimo labor que levan a cabo, cada día, achegando a cultura a todas e todos. Templos do saber que atesouran as letras, o coñecemento e o pensamento da humanidade. Grazas, sempre, pola súa complicidade que achega as nosas novidades editoriais a todos os […]