Presentación de “Cultura e política na Galicia do século XX”, en Santiago

O martes 1 de xuño, celebrarase, ás 12:00 h, no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, a presentación de Cultura e política na Galicia do século XX, de Ramón Villares. Acompañando o autor, estarán Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, o profesor Ramón Máiz, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. […]
Os mellores libros para soñar e aprender

A lectura pode ser un momento íntimo ou compartido, unha actividade que reconforta a nosa alma e ensancha o noso coñecemento. Ler é sinónimo de aprender e entender, de xerar empatía e poñernos na pel dos demais. Axúdanos a comprender diferentes sensibilidades e o comportamento das demais persoas. Un exemplo para entender a todo aquel […]
Presentación de “A vida secreta de Úrsula Bas”, en Vigo

O venres 28 de maio, ás 20 h, celebrarase, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a presentación do libro A vida secreta de Úrsula Bas, de Arantza Portabales. Acompañando a autora, asistirán Carmela Silva, presidenta de Deputación de Pontevedra, o escritor Diego Giráldez e Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia. Como […]
A Editorial Galaxia publica “Alba”, o novo álbum de Helena Villar Janeiro

A recoñecida escritora Helena Villar Janeiro comparte con todas e todos nós unha fermosísima historia, no álbum Alba, sobre a diferenza. Unha conto evocador que, coas ilustracións de Abi Castillo, emocionará a grandes e pequenas, amosando o día a día de Alba, unha nena moi especial que vive e sente dunha maneira diferente. Os papás de Alba […]
Presentación de “Eva, a carteira espacial”, na Estrada

O mércores 26 de maio, celebrarase, ás 20 h, no Teatro Principal da Estrada, a presentación de Eva, a carteira espacial, Premio Alberte Quiñoi 2021, de Gloria Pavía. Acompañando a autora, estarán José López Campos, alcalde do Concello da Estrada, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. […]
Masterclass da Escola de Letras: “Escoitando a Rilke”, con Francisco Castro

O martes 25 de maio, celebrarase, ás 18 h, de maneira telemática, unha Masterclass da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, que leva por título: Escoitando a Rilke. Que nos di o poeta sobre como escribir. Será impartida por Francisco Castro, director da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a […]
A Editorial Galaxia suma dous títulos novos á colección Feminismos

A Galiza feminista, de Miriam Couceiro Castro, e Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago, de Xoana Pintos, son as novidades que chegan á nosa colección Feminismos. Unha colección que aposta por axudar a visibilizar a causa das mulleres en Galicia, unha loita da que Galaxia séntese […]
A Editorial Galaxia publica “Poesía galega reunida (1991-2017)”, de Isidro Novo

‘Outsider’, arriscado, ás veces esquecido no relato oficial… Isidro Novo acadou unha audacia poética que merecía unha antoloxía. Editorial Galaxia publica así a súa Poesía galega reunida (1991-2017) dentro da colección Letras Galegas Clásicos. Autor de máis de vinte libros, Novo foi tamén creador de guías, ensaísta, columnista, tradutor e narrador, con obras como Carne de can ou […]