Chega ás librarías Canta, miña rula, canta, de Antonio García Teijeiro

Chega ás librarías Canta, miña rula, canta, o novo libro de Antonio García Teijeiro ilustrado por Xan López Domínguez Dous grandes talentos únense baixo o título Canta, miña rula, canta, publicado na colección “Libros para compartir”: a fantasía desbordante dos debuxos de Xan López e as delicadas palabras, que case parecen música, de Antonio García […]
Editorial Galaxia lanza a súa colección de teatro

O seu primeiro título, Papiroflexia de Fernando Castro Paredes, inaugura a que se converterá nunha importante canteira e espazo destacado para os dramaturgos contemporáneos galegos. A nova colección “Teatro”, que chega estes días ás librarías, recolle o espírito da Editorial Galaxia nos seus inicios: ser fogar dos grandes dramaturgos do momento. No pasado foino de […]
Convocatoria do II PREMIO DE NOVELA DA GALICIA RURAL

Convocatoria do II PREMIO DE NOVELA DA GALICIA RURAL Entre os grandes retos que debe afrontar a Galicia de hoxe en día cómpre destacar a procura de alternativas para o desenvolvemento do rural de cara a garantir o seu futuro e adecuación ás novas realidades do século XXI, sen que iso derive na perda da súa identidade, […]
Galaxia publica unha edición facsimilar de “Maxina” de Marcial Valladares

A Editorial Galaxia publica unha edición de Maxina, de Marcial Valladares, no centenario do seu nacemento. Marcial Valladares Núñez (Vilancosta, Berres-A Estrada, 14-VI-1821-20-V.1903) ocupa un posto sobranceiro entre os Precursores, que se propuxeron devolverlle a Galicia a dignidade política e cultural como pobo que lle foran negando nos séculos anteriores, e foi sen dúbida dos que […]
O debuxante Xaquín Marín gaña o Premio Rosalía de Castro

A Deputación da Coruña acaba de outorgarlle a Marín o Premio Rosalía de Castro, no apartado de persoas que destacan na promoción da lingua galega. O xurado salienta o seu gran compromiso co idioma, continuado do tempo, considerándoo merecedor do galardón “polo alcance social do seu traballo e por facer humor gráfico nun contexto histórico […]
Xaquín Marín gaña o Premio Rosalía de Castro

A Deputación da Coruña acaba de outorgarlle a Marín o Premio Rosalía de Castro, no apartado de persoas que destacan na promoción da lingua galega. O xurado destaca o compromiso do viñetista co idioma, continuado no tempo, considerando ao debuxante merecedor do Rosalía “polo alcance social do seu traballo e por facer humor gráfico nun contexto […]
Baldo Ramos e Eva Veiga foron galardoados co Losada Diéguez por “Quérote canto”

Os poetas foron galardoados co prestixioso premio, na categoría de Creación Literaria, este sábado, no concello ourensán de Boborás, pola súa obra conxunta Quérote canto, publicada na colección Dombate de Editorial Galaxia. Eva Veiga e Baldo Ramos contaron como a obra naceu como resultado de encerrarse xuntos no mosteiro de Oseira, a cuxos monxes dedicaron o […]
Lois Oreiro presentou “Os mundos de agora” en Santiago de Compostela

O ensaio, Os mundos de agora, de Lois Oreiro, co que innauguramos a colección Hoxeéhoxe na Editorial Galaxia, foi presentado na Capela Real do Hostal en Santiago, nun acto no que o autor estivo acompañado por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Diante dun numeroso público, Oreiro e Castro conversaron sobre como a tecnoloxía está absorvéndonos e […]