Celebramos o Día da LIX recuperando o texto orixinal de “Bambi”

Mañá, día 2 de abril, celebrarase o Día do Libro Infantil e Xuvenil e dende a Editorial Galaxia celebrámolo recuperando o texto orinal de Bambi, de Félix Salten. Son moitos os libros que acompañan á cativada na súa formación e, tamén, no período de descuberta do mundo. As lecturas inflúen na súa imaxinación, poténciana e […]
Unha exposición para Florencio

A Editorial Galaxia produce para a Xunta de Galicia, baixo o comisariado de Ricardo Gurriarán, familiar do persoeiro recoñecido en 2022 co Día das Letras Galegas, a gran exposición Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños. Con carácter informativo e didáctico, divídese en 15 paneis explicativos que percorren a vida e a obra de Florencio Dlegado Gurriarán, […]
No pasamento de Antía Cal

Esta mañá recibimos a noticia do pasamento de Antía Cal, unha das grandes renovadoras da pedagoxía de Galicia. Nada na Habana o 18 de abril de 1923, Cal faleceu en Meira Moaña, con 98 anos de idade. A súa vocación pola pedagoxía, influída polas correntes pedagóxicas que coñeceu viaxando coa súa parella, o oftalmólogo Antón Beiras, […]
Galaxia publica “Aquí comeza o mar”, Premio Blanco Amor, de Blanca Riestra

Esta semana chegará ás librarías de toda Galicia Aquí comeza o mar, a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2021, de Blanca Riestra. A autora gañou este prestixioso recoñecemento, que é un dos grandes premios literarios do país, cunha historia que retrata A Coruña, en distintos momentos da trama. Esta novela entronca coas tendencias literarias […]
Galaxia publica a biografía de Suso Vaamonde, da man de Fernández Rego

Esta biografía analiza o seu papel na música galega, así como controvertibles episodios que provocaron o seu exilio e o seu paso polo cárcere. Vaamonde foi o primeiro músico condenado pola censura na democracia. Hoxe reivindicámolo como unha das figuras máis relevantes da música galega nesta biografía completa e definitiva, Suso Vaamonde. A canción libre […]
Galaxia suma dous novos títulos á colección Dombate

A lista da compra, de María Besteiros, e O corpo transparente das horas, de Abraham Pérez, son os dous títulos que chegan, xunto coa primavera, á colección Dombate de Editorial Galaxia. Cuestións como a maternidade dos fillos vivos e da filla morta, a incomunicación, a vida illada nun rural organizado desde os despachos… son algunhas […]
Presentación de “Antoloxía poética”, de Delgado Gurriarán, en Vilamartín de Valdeorras

O domingo 27 de marzo, celebrarase, ás 12:30 h, no Centro Social Santa Lucía de Vilamartín de Valdeorras, a presentación da Antoloxía poética, de Florencio Delgado Gurriarán. No acto, participarán Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura e Educación do Concello de Vilamartín, Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, Aurelio B. Trincado, presidente do Instituto […]
Editorial Galaxia publica unha antoloxía de Florencio Delgado Gurriarán

A Antoloxía poética, en edición de Débora Álvarez Moldes e Margarida Pizcueta Barreiro, de Florencio Delgado Gurriarán, pon o ramo final á publicación editorial da Editorial Galaxia, arredor do homenaxeado no Día das Letras Galegas. Este libro xorde pola necesidade de dar a coñecer un feixe de poemas, quizais os menos coñecidos, e non por iso […]