Blanca Millán e Ramiro J. Peraltan gañan o II Premio Alberte Quiñoi

Hoxe, na Estrada, na Casa do Concello, reuniuse o xurado para escoller a obra gañadora desta II edición do Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi”, formado por Andrea Jamardo Seijo, Sara Valcárcel, Rosa de Cabanas, Armando Requeixo, e Carlos Loureiro, como secretario. Despois de valorar os orixinais presentados e de levar a cabo distintas seleccións […]
6 títulos e 1 colección da Editorial Galaxia son finalistas nos Follas Novas

Os prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego completan a súa fase final escollendo seis libros e unha colección da Editorial Galaxia, entre os seus finalistas. Na categoría de Ensaio e investigación, resultou escollida a obra Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, de Miguel Anxo Seixas Seoane, que completa o estudo arredor do intelectual rianxeiro. […]
Presentación de “Tes cinco minutos #2”, en Vigo

O 23 de abril, celebrarase, ás 12 h, a presentación de Tes 5 minutos #2, das alumnas e alumnos da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia, na sala Rosalía da Sede de Vigo. Participarán a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Contará coa actuación […]
Presentación de “Curros & Holmes no misterio d’o Kapital”, en Vigo

O venres 22 de abril, celebrarase, ás 20 h, na libraría Librouro de Vigo, a presentación de Curros & Holmes no misterio d’o Kapital, de Marcos Calveiro. Acompañando o autor, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Nesta lectura, o autor, achéganos a unha historia que inaugura toda unha colección de novelas de corte […]
Inauguración de “Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento”, na Estrada

Merlín Comunicación, Grupo Editorial Galaxia, baixo o comisariado de Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono, presenta a exposición: Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento, patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Coincidindo en datas coa resolución do II premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado e a Feira do Libro, ademais de conmemorarse neste […]
Presentación de “En tempo de desconto”, no MARCO de Vigo

O mércores 20 de abril, celebrarase, ás 20 h, no MARCO de Vigo, unha conferencia-coloquio, con Xosé Ramón Pena, que leva por título “En tempo de desconto. Relatos sen data para o século XXI”, organizada polo Club Faro. Acompañando o autor, estarán a escritora e tradutora Moncha Fuentes, e Xesús Domínguez Dono, director de produción […]
Rolda de prensa arredor de “Aquí comeza o mar”, en Ourense

O martes 19 de abril, celebrarase, ás 12 h, unha rolda de prensa arredor de Aquí comeza o mar, Premio Blanco Amor 2021, de Blanca Riestra. Acompañando a autora, estarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, Luís González Tosar, escritor e director da Fundación Eduardo Blanco Amor, e Antón Vidal Andión, presidente de […]
Lecturas recomendadas para esta primavera

Esta primavera chega cargada de excelentes lecturas para todas as idades. Na Editorial Galaxia traballamos arreo para ofrecer ás lectoras e lectores obras de primeira calidade. Bo exemplo disto, son os exemplares que enchen os nosos andeis. Libros que, con tanto agarimo, realizamos, coa dedicación e traballo das autoras e autores. Sempre é un bo […]