No pasamento de Basilio Losada

Malia os seus máis de 80 anos emigrado en Cataluña, Basilio Losada  foi un dos mellores embaixadores da nosa cultura polo mundo. Natural de Láncara, foi o primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Barcelona. Sempre tivo a Galicia no seu corazón, pois como dixo nunha entrevista: “Saín de Galicia con 5 […]

Francisco Fernández del Riego será o homenaxeado no Día Letras Galegas 2023

A Editorial Galaxia publicará unha biografía sobre o homenaxeado, escrita por Malores Villanueva, o día 7 de xaneiro de 2023, data na que cumpriría 110 anos. A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010). O pleno da institución, reunido hoxe […]

A Editorial Galaxia estará na Festa dos Libros de Pontevedra

Este venres 8 de xullo comeza a Festa dos Libros de Pontevedra, unha cita moi agardada para os amantes da literatura, na que estará presente a Editorial Galaxia.  Será un encontro moi especial no que terá lugar un catálogo moi variado de actividades apoiadas pola editorial, para todas e todos. A praza da Ferraría acolle […]

Convócase o III Premio de Novela da Galicia Rural

Entre os grandes retos que debe afrontar a Galicia de hoxe en día cómpre destacar a procura de alternativas para o desenvolvemento do rural de cara a garantir o seu futuro e adecuación ás novas realidades do século XXI, sen que iso derive na perda das súas tradicións, identidade e cultura. Así mesmo, considérase preciso […]

Convócase o II Premio de poesía Camiño de Santiago

A Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e co patrocinio de Aluminios Cortizo, convoca o II PREMIO DE POESÍA “CAMIÑO DE SANTIAGO” CERTAME POÉTICO “FAISE CAMIÑO”, co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo, […]

Presentación de “Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo”, na Coruña

O xoves 7 de xullo, celebrarase, ás 19:30 h, na Casa-Museo Casares Quiroga da Coruña, a presentación de Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo, de Marilar Aleixandre e Emma Pedreira. Acompañando as autoras, estarán Enrique Sáez Ponte (Fundación Juana de Vega), a crítica Inma Otero, e Marcos Calveiro, director de Edicións […]

Presentación da nova edición de “Alén da desventura”, en Afundación de Ferrol

O mércores 6 de xuño, celebrarase, ás 19 h, en Afundación de Ferrol, a presentación da nova edición de Alén da desventura, de Xavier Alcalá, ilustrado por Siro. Acompañando o autor e o ilustrador, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Siro López é ferrolán de raza e Xavier Alcalá, fillo do aluvión humano á […]

Homenaxe a Domingo Villar, na Feira do Libro de Vigo

O martes 5 de xullo, celebrarase, ás 20 h, na caseta da Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, dentro da programación da Feira do Libro de Vigo, unha homenaxe a Domingo Villar. Na mesma, participarán Mar García (Biblioteca Xosé Neira Vilas), a escritora Inma López Silva, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Tamén contará […]