A Editorial Galaxia publica o novo traballo de Elvira Ribeiro Tobío

Un fabuloso álbum ilustrado pola artista rusa, establecida en Vigo, Sofía Venzel, que pode lerse do dereito e do revés. Elvira Ribeiro Tobío volve a sorprender de novo cunha orixinalísima proposta. Despois de agasallar ao público con “Mar de mazá”, ilustrada por Begoña G. Arce, obra gañadora do Premio Follas Novas na categoría de Mellor […]

Homenaxe a Domingo Villar, en Moaña

A Asociación Fotográfica e Cultural Olladas de Moaña rende homenaxe á figura de Domingo Villar cunha exposición fotográfica. O tema da mostra, realizada coa colaboración do Concello de Moaña, serán os escenarios da parroquia de Tirán nos que o escritor vigués situou parte da súa novela “O último barco” (Editorial Galaxia, 2019). O martes 2 […]

Hoxe ábrese a matrícula para os novos obradoiros da Escola de Letras

Hoxe, ás 8:00 h, ábrese o prazo de inscrición da Escola para o Obradoiro Literario con Diego Giráldez, en Vigo, e o Obradoiro Literario con Anna Figueiredo: Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas…, en Pontevedra. Despois do grande éxito dos obradoiros que inauguraron a terceira edición da Escola, volve a estar dispoñible o prazo de matrícula para todas e todos os […]

A Editorial Galaxia estará na Feira do Libro da Coruña

O luns 1 de agosto comeza a Feira do Libro da Coruña. Celebrarase, dende o 1 ao 10, nos Xardíns de Méndez Núñez da cidade, en horario de 11 h a 14 h e 17:30 h a 21:30 h. Durante esta feira, que é unha das máis importantes de Galicia, todas as persoas interesadas en […]

O luns abrirase a matrícula para os novos obradoiros da Escola de Letras

O luns 1 de agosto, ás 8:00 h, abrirase o prazo de inscrición da Escola para o Obradoiro Literario con Diego Giráldez, en Vigo, e o Obradoiro Literario con Anna Figueiredo: Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas…, en Pontevedra. Despois do grande éxito dos obradoiros que inauguraron a terceira edición da Escola, volve a estar dispoñible o prazo […]

Presentación de “A cidade dos Césares”, na Coruña

O xoves 28 de xullo, celebrarase, ás 19:30 h, na librería Lume da Coruña, a presentación de “A cidade dos Césares”, de Víctor F. Freixanes, inscrita no ciclo ‘Un Torrente de Conversas’, con motivo da conmemoración do 30º aniversario da publicación do libro, gañador do Premio Torrente Ballester 1992. O acto será presentado pola escritora Bibiana Candia, […]

Hoxe celebramos o Día de Galicia

Coincidindo co Día de Galicia, tal día coma hoxe, un 25 de xullo de 1950, nacía, a Editorial Galaxia. Sucedía despois de que se celebrara, no bodegón do hotel Compostela, en Santiago, a asemblea fundacional da editorial. Quen estaban alí albergaban un soño común, case imposible a ollos da época, pero que o tempo, 72 […]