Editorial Galaxia presenta en Bruxelas o seu proxecto exterior

A idea é proxectar a cultura galega alén das nosas fronteiras, empezando polo mundo do libro. O próximo día 18, xoves, ás 20 horas, preséntase no Instituto Cervantes de Bruxelas o proxecto Mar Maior, coa participación dos escritores Xavier Alcalá e Xavier Queipo, a directora do Instituto Cervantes, María González Encinar, o director de Editorial […]

Coloquio-presentación de MATERNOSOFÍA en Vigo

A escritora Inma López Silva, acompañada da actriz Mariana Fernández e do Director de Edicións de Galaxia, Carlos Lema, presentarán e manterán un coloquio arredor do libro MATERNOSOFÍA no Centro de Recursos Feministas de Vigo ás 19 h. Inma López Silva ofrécenos un diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade […]

Presentamos o booktrailer de REO

Mañá é o día no que botará a andar un blog, que tamén poderá ser seguido dende o de Galaxia, centrado na novela de Xesús Fraga, REO, que foi merecente do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil do ano pasado. Nese espazo web, Xesús Fraga irá publicando post relacionados con esta novela que está empezando […]

Comeza a constituirse a Fundación Blanco Amor

O paasdo domingo deuse o primeiro paso para a constitución da Fundación Blanco Amor nun acto celebrado no Centro Cultural da Deputación de Ourense. No acto participaron representantes das distintas institucións implicadas no que será a futura Fundación. Así, asistiron, entre outros, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, o presidente […]

As Maimiñas en Mos

Este sábado, ás 20 horas, no Multiusos das Pozas (Petelos-Mos), As Maimiñas presentarán oficialmente, cun concerto, o seu novo traballo, publicado na colección Sonárbore da Editorial Galaxia e titulado 'Unha viaxe polo mundo'. As Maimiñas son Lucía Lago Fernández e Irene Álvarez Lago, ou o que é o mesmo, Mai e Miña. Son dúas mosenses […]

Empezamos o blog de REO

Dende hoxe, no enderezo web http://xesusfraga.blogspot.com.es/ ou dende o blog de Galaxia, poderase seguir o blog que o autor vai manter, para profundar nos personaxes da novela, nas súas motivacións, no mundo do grafitti e, en definitiva, en todos eses elementos que teñen que ver coa trama de REO, a novela que acabamos de publicar […]

Presentación do Premio Ramón Piñeiro en Santiago

Mañá 2 de outubro ás 20,00 horas presentaremos o Premio Ramón Piñeiro 2013, 'Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx' na Libraría Pedreira de Santiago. Intervirán, ademáis do autor, José Mª Durán Medraño, Manuel Fernández Pellicer, delegado xeral en Galicia de Gas Natural Fenosa, […]

Xesús Fraga

Xerardo AgraFoxo, que xa se ten inspirado en episodios e personaxes históricos en novelas anteriores como Unha viaxe no Ford T, recunca agora nesta fórmula que mestura historia e literatura para ofrecer unha narración nos tempos da Guerra Civil. O escritor concede o protagonismo de A maleta de Victoria Kent a un mozo obreiro anarquista, […]