Publicamos o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

O profesor da facultade de Filosofía da Universidade de Santiago,Luís G. Soto publica estes días na nosa editorial o libro 'Barthes filósofo', texto que resultou merecente do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística –a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades– e mais pola Editorial Galaxia, […]
Aberta a convocatoria do IX Premio de Narrativa Breve Repsol

Fundación Repsol e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocan a IX edición do Premio Narrativa Breve Repsol, que conta cunha dotación económica de 12.000 euros e inclúe a adquisición por parte de Fundación Repsol dos dereitos de explotación da primeira edición do texto galardoado e a publicación da peza pola Editorial Galaxia. […]
Hoxe comeza o blogue de Antonio Piñeiro

Dende hoxe, e durante un mes e de luns a venres, o escritor Antonio Piñeiro ofreceranos, na sección BALCÓN DE LIBROS do noso blogue, un post no que irá completando algúns dos asuntos que trata no seu libro A IDENTIDADE FASCINADA que vimos de publicar e que nos leva aos días da Compostela dos anos […]
Ramón Villares, "honoris causa" pola universidade de Braga

"Temos que profundar nas cousas que nos unen, non nas que nos separan. Unha parte importante da historia de Galicia explicase ollando Portugal, e viceversa: non se pode entender Portugal sen comprender Galicia". Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega, catedrático de historia contemporánea da Universidade de Santiago, autor de Galaxia, membro do […]
Descarga de balde as primeiras páxinas de A IDENTIDADE FASCINADA

Dende hai uns días está dispoñible dende un banner específico na nosa web as primeiras páxinas da nova novela de Antonio Piñeiro, A IDENTIDADE FASCINANDA, unha viaxe á Compostela dos anos 80, época de iniciacións e cambios profundos na sociedade galega. O autor, dende o vindeiro luns e durante un mes, publicará no noso blogue […]
Publicamos O BECHO QUE QUERÍA COMER A AVOA

Estes días vai chegando ás librerías de toda Galicia o libro de Rocío Leira, O BECHO QUE QUERÍA COMER Á AVOA. O libro, que publicamos na nosa colección Árbore 10 anos, conta a historia dunha nena que sabe que un becho querer comer a súa avoa. Pero non é un becho con patas e antenas. […]
Galaxia publica o primeiro libro de Iria Collazo López

No marco da Feira do Libro de Vigo, que se celebrará nos primeiros días de xullo presentarase a novela de debut de Iria Collazo López, COMA UNHA ÁNCORA, unha novela de naufraxios e de amor, pero desa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular […]
O álbum de Garrincha

Sae do prelo "O álbum de Garrincha", de Beatriz Maceda Abeleira. Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en […]