Falar de Deus, falar dos homes

Carlos Fernández, membro do Consello de Redacción de GRIAL e coordinador deste número, presentou o tema e os colaboradores. "Non se trata de discutir a existencia ou non existencia de Deus", explicou, "cuestión que pertence ao territorio do privado, senón de reflexionar sobre a figura do Deus Único, o Deus das tres relixións do libro […]
Homenaxe a Antía Cal

Presentáronse as memorias de Antía Cal, recentemente publicadas en Galaxia co título de Este camiño que fixemos xuntos. A protagonista deste libro, e desta homenaxe, é unha muller que dedicou os seus esforzos á educación a ao ensino. Antía Cal Vázquez foi unha das introdutoras en Galicia das novas tendencias pedagóxicas durante a dictadura franquista. […]
Tres exposicións didácticas

Tres mostras didácticas e transportables que percorrerán durante os próximos meses os concellos de As Pontes, Lousame, Cambre, Teo, Camariñas, San Sadurniño, Rois, Padrón, Coirós, Zas, Carnota, etc, toda a provincia da Coruña, nunha iniciativa da Deputación Provincial (departamento de Cultura) que realizou a empresa Merlín Comunicación, do grupo Editorial Galaxia. Na AXENDA da nosa […]
Un ensaio sobre a emigración gaña o Ramón Piñeiro

Convocado por Editorial Galaxia co patrocinio de Unión Fenosa, o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2006 foi para Psicopatoloxía do retorno, de Alexandre García-Caballero e Ramón Area Carracedo. Na súa VI edición o xurado estivo composto por Benxamín Casal, Susana Reboreda, Ramón Villares, Víctor F. Freixanes e Carlos Lema como secretario do xurado. O xurado […]
O Corto Maltés, en galego

Quizais lle fixese graza a Hugo Pratt ver publicada en galego a súa obra Unha balada do mar salgado, protagonizada polo inmorrente Corto Maltés. Quizais aproveitase o veneciano nacido en Rimini para dar unha volta por Galicia e intentar descubrir o segredo esotérico da forma das rías, ou o arcano oculto nas espirais dos petroglifos […]
Xa está na rúa a nova novela de Paul Auster

Un home, vello e só, está sentado nun cuarto no que hai unha ventá e unha porta, unha cama, un escritorio e unha cadeira. Non ten lembranzas. Tampouco sabe se pode saír ou non. Arredor hai apenas uns poucos obxectos: unhas fotos vagamente familiares, catro montóns de folios e unha serie de etiquetas con algunha […]
Luz nos ollos

A luz que esta nena do estado de Kartnataka, na Unión India, ten nos ollos capturouna na súa cámara a fotógrafa galega Laura Lizancos. Editorial Galaxia prepara un libro de fotografías desta artista, centradas todas "no mundo dos outros mundos", onde tamén existe a beleza e alampea, malia todo, un lume de esperanza. Queremos compartir […]
Unha historia na cidade de Oliveira

Coa presencia das primeiras autoridades entregouse na vila da Estrada (Pontevedra) o Premio que leva o nome de Manuel García Barros, que na súa XVIII edición correspondeu ao xornalista e novelista Manuel Veiga (Monforte de Lemos, 1960) pola obra Lois e Helena buscándose un día de tormenta. O premio García Barros converteuse, ao longo destes […]